facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 30-Maio-2020
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O porto verifica o funcionamiento dos seus plans de emerxencia mediante a celebración dun simulacro
Xoves, 29 Outubro 2015 17:18
AddThis Social Bookmark Button

fullsizerenderA Autoridade Portuaria de Vilagarcía realizou esta mañá un simulacro, a fin de comprobar o nivel de resposta dos medios humanos e materiais con que actualmente conta o Porto e as empresas participantes ante un sinistro terrestre e/ou marítimo.

O simulacro constou de tres exercicios, que esixiron a activación do Plan Interior Marítimo, o Plan de Urxencia Interior e o Plan de Protección da Instalación Portuaria.

O primeiro exercicio tivo como premisa dous incidentes en buques atracados no peirao de Comboa, que se desenvolveron de xeito case simultáneo: por unha banda, un verquido accidental de residuos durante unha manobra de descarga de buque a peirao, pola rotura da mangueira; e por outra, un incendio na sala de máquinas dun segundo buque mentres realizaba unha operativa de descarga de mercancía. Os devanditos supostos obrigaron á activación do Plan Interior Marítimo no primeiro caso e do Plan de Emerxencia Interior no segundo.

A resposta ao primeiro suposto -vertido de residuos- implicou a utilización das barreiras anticontaminación da propia Autoridade Portuaria e de FINSA-FORESA, creando unha dobre protección para conter a expansión dos residuos no mar. A continuación, procedeuse á recolleita do vertido con dous skimmers e almacenamiento dos residuos en tanque. O segundo suposto deste exercicio -incendio en buque- requiriu a intervención dos bombeiros, quen colaboraron co persoal do propio buque na extinción do lume. Para a xestión destes dous supostos de urxencia en mar, establécese nas dependencias do Centro de Control do Porto un Centro de Coordinación Operativa (CECOP) con participación de directora da Autoridade Portuaria, SASEMAR, Consellería do Mar, Capitán Marítimo, Xefe de Seguridade da Capitanía Marítima, Bombeiros, Garda Civil, Policía Local, Policía Nacional, xefe de Servizos Portuarios e xefe do Departamento de Seguridade e Servizos Portuarios da Autoridade Portuaria.


O segundo exercicio consistiu na simulación dun incendio nunha das concesións do peirao Comercial, o que esixe a activación do Plan de Urxencia Interior. Na extinción deste incendio -previo balizamento da zona, por razóns de seguridade- participan tanto o equipo de segunda intervención da Autoridade Portuaria como os bombeiros de O Salnés, que contan cunha subsede en terreo portuario.

O terceiro e último exercicio permitiu valorar a capacidade de resposta do porto ante o suposto de detección dun paquete sospeitoso no peirao. Neste caso, a actuación consistiu na delimitación dun perímetro de seguridade, desaloxo de todo o persoal nun radio de 200 metros e detonación do paquete por parte da Garda Civil. Este terceiro suposto require a activación do Plan de Protección da Instalación Portuaria.

Ademais do persoal e medios propios da Autoridade Portuaria, o simulacro contou coa participación e colaboración entre outros de Policía Nacional, Garda Civil, Bombeiros, Protección Civil, Salvamento Marítimo, Subdelegación do Goberno, Concello de Vilagarcía, Xunta de Galicia e Comandancia Naval, así como de diversos membros da comunidade portuaria A coordinación da actividade realizouse desde o Centro de Control de Urxencia (CCE) do Porto.

A realización deste exercicio permitiu verificar o nivel de preparación para facer fronte a diferentes tipos de urxencias, testar os tempos de resposta ante as situacións simuladas e comprobar o correcto funcionamento dos mecanismos de coordinación entre as diferentes institucións e empresas participantes. Ao término do simulacro, celebrouse unha reunión a fin de que todas as partes implicadas no desenvolvemento desta actividade puidesen poñer en común a súa valoración e, no seu caso, formular suxestións para a mellora da aplicación destes plans.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.