facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 20-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A mercancía contenerizada aportou en 2014 un de cada tres euros do valor dos tráficos portuarios
Martes, 03 Novembro 2015 20:09
AddThis Social Bookmark Button

contenedoresA mercancía contenerizada aportou o ano pasado o 34% do valor total dos produtos movidos a través do Porto de Vilagarcía. Concretamente, cun valor global dos tráficos portuarios de algo máis de 813 millóns de euros en 2014, o valor da mercancía contenerizada foi de case 280 millóns de euros.

En 2013, ano no que a valoración da mercancía portuaria ascendeu a 810 millóns de euros, a parte correspondente aos produtos movidos por contenedor fora de 245 millóns de euros, o que supón un 30% do total, catro puntos porcentuais menos que este ano. A mercancía con entrada ou saída a través da terminal de contenedores de Boluda no peirao de Ferrazo aporta, pois, máis dun de cada tres euros do valor dos produtos movidos polas instalacións do porto arousano, unha proporción que foi en aumento nos últimos exercicios.

Considerando o seu peso específico no apartado de mercancía xeral, a mercancía contenerizada supuxo máis da metade do valor agrupado de todos os produtos incluídos nesta categoría, que o ano pasado foi de case 555 millóns de euros. Cómpre recordar que a mercancía xeral supón, en número de toneladas, aproximadamente o 50% dos tráficos do porto de Vilagarcía, e que aportou en 2014 o 68% do valor total dos produtos con entrada ou saída polas instalacións do porto arousán.

Entre os produtos movidos por contedor con maior contribución nesta estimación do valor industrial das mercancías, pódese destacar o leite e derivados lácteos; conservas de marisco; fariña, pasta e panadería; aparellos eléctricos; ferro, elaborados e fundición; aceites; hortalizas; madeira; aluminio; mobiliario e efectos persoais; maquinaria; auga; granito, pizarras e mármore; vehículos e pezas de automóbiles; e vidro.

Con respecto á mercancía xeral non contenerizada, o aluminio en bruto de importación (159 millóns de euros), a madeira técnica (58 millóns de euros), a pesca conxelada en tráfico marítimo (41 millóns de euros), a pasta de papel (9,5 millóns de euros) e a madeira aserrada (6,8 millóns de euros) completan o listado dos principais produtos incluídos nesta categoría, por orde de valor decreciente.

Nesta categoría de mercancía xeral, a valoración dos produtos embarcados supuxo o ano pasado o 62% do valor total, cifra á que contribuíu de xeito moi destacado o movemento de contenedores desde o porto arousano, xa que a liña operada pola compañía Boluda, que enlaza Vilagarcía con Lisboa, as Illas Canarias e Bilbao, é utilizada en gran medida por empresas da zona de influencia do porto para dar saída a produto elaborado, favorecendo a súa competitividade.

En canto ás restantes categorías de produtos movidos a través do porto, o valor dos graneis sólidos foi de 60,6 millóns de euros, destacando a achega do cereal: 35 millóns de euros, e dentro deste apartado, a do trigo e o maíz, con 10,5 e 8,5 millóns, aproximadamente, de valor. O seguinte produto incluído nesta categoría con maior achega ao cómputo da valoración das mercancías foi a urea (19 millóns de euros), seguida do cemento, os fosfatos e o cuarzo. Pola súa banda, os graneis líquidos tiveron un valor industrial de 48 millóns de euros, correspondente á achega do metanol e a parafina. E finalmente, as mercancías movidas en tránsito terrestre aportaron un valor ao cómputo global de 150 millóns de euros, atribuíble na súa práctica totalidade á pesca conxelada.

Estes datos están extraídos dun estudo elaborado pola propia Autoridade Portuaria, efectúase tomando como referencia o valor medio ponderado de cada produto de acordo cos importes declarados na aduana, referencia que se aplicou a todas as mercancías movidas a través do Porto de Vilagarcía de Arousa, en exportacións, importaciones, comercio nacional e tránsito.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.