facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O porto alcanza o millón de toneladas de mercancía movida en 2015 e supera os seus rexistros do pasado ano
Martes, 15 Decembro 2015 10:31
AddThis Social Bookmark Button

p1010623A Autoridade Portuaria conseguiu pasar a cifra do millón de toneladas movidas no ano grazas aos excelentes números da primeira quincena de decembro, en que se contabilizan máis de 83.000 toneladas de mercancía.

Deste xeito, o porto supera os seus registros do pasado ano, que se pechou con 983.092 toneladas. Nos días restantes ata que conclúa o ano o porto ten previsto outras operativas de mercancía xeral, graneis líquidos e graneis sólidos, o que permitirá incrementar aínda máis o cómputo anual de tráficos.

Precisamente os graneis sólidos foron clave para o incremento do movemento de mercancías no porto de Vilagarcía neste ano 2015. Os tráficos nesta categoría superan en máis un 21% as cifras de 2014 e achéganse ás 400.000 toneladas, das cales máis da metade corresponden ao movemento de cereais. Cemento, urea e fosfato sitúanse igualmente por encima dos seus rexistros ao remate do pasado ano, a falta de dúas semanas para que conclúa este exercicio.

Tamén hai que destacar a consolidación da mercancía xeral, categoría na que, por segundo ano consecutivo, supérase -xa a día de hoxe- o medio millón de toneladas movidas. A esta cifra contribuíu principalmente a mercancía contenerizada que se move a través da liña da compañía Boluda que conecta Vilagarcía cos portos de Bilbao, Lisboa e as Illas Canarias. Tamén o taboleiro e o aluminio marcan excelentes rexistros, e apréciase unha lixeira recuperación do movemento de pesca conxelada.

En canto aos graneis líquidos, as cifras do cuarto e último trimestre do ano melloran considerablemente as do mesmo periodo de 2014 e permiten compensar en parte os descensos dos primeiros meses deste exercicio. Cabo destacar que a Autoridade Portuaria incorporou este ano un novo granel líquido, o aceite para consumo humano, aos seus tráficos regulares, grazas á entrada en funcionamento das instalacións coas que a empresa ourensá Aceites Abril conta no porto. O aceite veu a sumarse ao movemento de metanol, que é, por número de toneladas movidas, o principal produto nesta categoría.

Cos buques xa recibidos e as previsións de escalas confirmadas ata final de ano, a Autoridade Portuaria prevé mellorar este 2015 os resultados de tráficos dos seis exercicios inmediatamente anteriores
.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.