facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto tramitará unha modificación puntual do seu Plan Especial para incorporar a ampliación dos peiraos Comercial e Ferrazo
Mércores, 23 Decembro 2015 12:54
AddThis Social Bookmark Button

consejo1O Consello de Administración da Autoridade Portuaria celebrou esta mañá unha sesión ordinaria na que tomaron parte por vez primeira Tomás Fole Díaz y Xavier Ríos González, recentemente incorporados ao órgano de goberno da Autoridade Portuaria en representación do Concello de Vilagarcía.

A sesión celebrouse no Centro de Control da Autoridade Portuaria por atoparse en obras o edificio da sé institucional do porto, no peirao de Pasaxeiros.

Os membros do Consello aprobaron nesta reunión unha modificación puntal no Plan Especial do Porto, a fin de incorporar ao mesmo as ampliacións dos peiraos Comercial e Ferrazo, que non figuran no documento por ser o vixente Plan Especial anterior á execución destas obras. Estas obras efectuáronse conforme ás previsións do Plan Director de Infraestructuras que a Autoridade Portuaria aprobou en 2002, e executáronse nos anos seguintes. Posteriormente foron incorporadas á zona de servizo do porto as superficies xeradas por estas ampliacións, a través dunha modificación substancial da Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) aprobada definitivamente en abril deste ano.

Na área do peirao Comercial, a superficie incorporada é de 27.674 metros cadrados, correspondente á máis recente ampliación desta infraestructura nas súas aliñacións norte e oeste; na área do peirao de Ferrazo, zona noreste, disponse a maiores dunha superficie de 42.904 metros cadrados con relación á que figura no actual Plan Especial. A modificación puntual do Plan Especial non supón ningunha variación con relación aos usos previstos ou autorizados nesas áreas, senón só a incorporación das novas superficies. Os usos destas áreas -que coinciden cos das zonas colindantes- continúan sendo os previstos no DEUP, correspondendo estes sectores a áreas portuarias vinculadas ao tráfico de mercancías e instalacións.

Esta modificación puntual do Plan Especial remitirase ao Concello para a tramitación correspondente, segundo o establecido na Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante con relación á articulación urbanística dos portos.

A Autoridade Portuaria tamén aprobou nesta mesma reunión o seu Plan de Empresa para 2016 no que figura, como principal investimento, a finalización da segunda fase das obras do ferrocarril a Ferrazo (conexión coa terminal de contenedores), actualmente en execución. Os membros do Consello tamén deron o seu visto bo á ampliación en mes e medio do prazo de execución da obra de reforma e ampliación do edificio da Autoridade Portuaria no peirao de Pasaxeiros. A razón é que non foi posible a instalación dos pavimentos por non terse conseguido no prazo inicialmente previsto a satisfactoria adecuación dos soportes ao pavimento proxectado, o que obriga a demorar a execución dos traballos de instalación do pavimento.

Os conselleiros tamén aprobaron a homologación de empresas independentes para a realización valoracións previstas na disposición transitoria décima do Texto Refundido da Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante. Dita disposición transitoria, introducida polo Real Decreto-Lei 8/2014, de 4 de xullo, de Medidas Urxentes para o Crecemento, a Competitividade e a Eficiencia, permitía que os titulares de concesións vixentes antes da entrada en vigor do mencionado Real Decreto solicitasen unha ampliación do prazo inicial das súas concesións de acordo co procedemento fixado na norma; unha vez realizada esta solicitude de ampliación do prazo inicial das concesións existentes, unha empresa independente deberá realizar a valoración da concesión. Un total de 20 empresas presentáronse ao proceso aberto pola Autoridade Portuaria para homologarse e poder realizar esas valoracións, resultando todas elas homologadas. A orde de actuación destas empresas determinarase a través de sorteo.

Finalmente, a Autoridade Portuaria aprobou tamén a modificación da cláusula de estrutura tarifaria e tarifas máximas do pliego do servizo de practicaxe.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.