facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto aproba o proxecto construtivo da obra "Mellora portante da explanada de Ferrazo"
Venres, 18 Novembro 2011 01:00
AddThis Social Bookmark Button

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, aprobou, na súa sesión ordinaria celebrada na tarde de onte, o proxecto construtivo da obra "Mellora portante da explanada de Ferrazo", presentado pola empresa Sacyr que, en maio deste ano, resultara adxudicataria do concurso convocado para a redacción do proxecto e execución das obras, por un importe de 4,7 millóns de euros, ive incluído.

A aprobación do proxecto prodúcese tras o informe favorable de Portos do Estado e dos técnicos da propia Autoridade Portuaria. As obras consistirán na construción da cimentación, viga e carriis para o apoio de novos guindastres portacontedores na aliñación Norte, mellora portante do terreo e pavimentación. Está previsto que os traballos, cun prazo de execución de sete meses e medio, dean comezo a próxima semana.

Con esta actuación, o porto consegue mellorar a operatividade das súas instalacións para o tráfico de contedores, unha ferramenta fundamental para a competitividade e a xeración de carga de traballo nos peiraos. As obras incrementarán a capacidade de almacenamento de contedores, que se poderán apilar ata en cinco alturas, ademais de preparar a zona para a colocación de novos guindastres na aliñación norte.

Tamén se aprobou por parte do Consello a liquidación da obra "Dragado da canle de entrada e círculo de manobra", que supuxo un investimento de 4,5 millóns de euros, e que permitiu incrementar o calado do porto ata unha cota de -8 metros no acceso ao peirao do Ramal, cun ancho de 210 metros na zona máis estreita, e ata os -10 metros na canle de entrada ao porto e círculo de manobra.

A obra, que executou a UTE Dragado Peirao Comercial Vilagarcía (participada por FCC Construción SA; Construcións Obras e Viais SA; e Obras e Dragados Aldámiz) mellora a operatividade do porto, ao facilitar o acceso aos peiraos a barcos de maior calado e facer máis sinxela a súa manobra no interior da zona portuaria.

O Consello tamén aprobou o convenio sobre a posta a disposición do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública, por parte da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, das instalacións fronteirizas de control sanitario de mercancías do porto de Vilagarcía de Arousa, como paso previo á súa firma. Este convenio, no que se establecen as obrigacións que asume cada unha das partes en canto a equipamento, mantemento e funcionamento das instalacións, é un paso máis cara á entrada en funcionamento dunhas instalacións que supón unha mellora substancial para os usuarios deste servizo. O novo edificio, dunha soa planta, ten unha superficie de 1.250 metros cadrados e está preparado para albergar catro organismos de inspección diferentes: Sanidade Exterior, Sanidade Animal, SOIVRE (Servizo Oficial de Inspección, Vixilancia e Regulación das Exportacións) e Sanidade Vexetal.

Finalmente, o consello aprobou o nobramiento de Begoña Mesejo Loureiro como directora da Autoridade Portuaria, posto que xa viña desempeñando, en funcións, desde decembro do pasado ano.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.