facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 07-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Autoridade Portuaria e AJE Pontevedra colaboran na promoción do emprendimento marítimo-portuario
Xoves, 10 Marzo 2016 19:03
AddThis Social Bookmark Button

comandanciaO Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía deu hoxe o seu visto bo á sinatura dun convenio de colaboración entre este organismo e a asociación de Novos Empresarios de Pontevedra (AJE Pontevedra) para a posta en marcha dun centro de promoción do emprendimiento ligado á economía marítimo-portuaria.

O centro situarase no edificio da antiga Comandancia que actualmente acolle oficinas da Autoridade Portuaria, polas obras que este organismo está executando na súa sé institucional, no acceso ao peirao de Pasaxeiros. A iniciativa poderá poñerse en marcha unha vez se produza o traslado do persoal portuario ao edificio do peirao, que está previsto para esta primavera.
O acordo entre ambas partes non implica a cesión de dominio público a AJE Pontevedra, senón que a Autoridade Portuaria asume a creación do centro, correspondéndolle a súa xestión a AJE Pontevedra, que se compromete a asumir a organización das actividades que se desenvolvan. O prazo de vixencia do convenio é dun ano, prorrogable autonómicamente salvo renuncia das partes.
A iniciativa encáixase tanto nas competencias da Autoridade Portuaria, entre as cales se atopa o fomento das actividades industriais e comerciais relacionadas co tráfico marítimo ou portuario, como no Plan Estratéxico desta entidade, que sinala como parte da misión da Autoridade Portuaria a dinamización do territorio, actuando como un axente de desenvolvemento económico e social. AJE Pontevedra, pola súa banda, ten como misión fomentar o talento do novo emprendedor na sociedade.
Entre as actividades a desenvolver neste Centro de Promoción do emprendimiento destacan accións de difusión da cultura emprendedora, xornadas e seminarios, accións de información e asesoramiento a emprendedores e novas empresas, actividades de promoción da economía social nos ámbitos marítimos e portuarios, e actividades de pre-incubación de empresas.
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria acordou tamén o otorgamiento dunha prórroga dun mes á UTE formada polas empresas COMSA SAU e Atlántica de Construción e Medio Ambiente, SLU, para a finalización de obra Ferrocarril ao peirao de Ferrazo, fase 2. A razón é que o comezo dos traballos houbo de atrasarse debido a necesidade de revisar a rede topográfica do porto con carácter previo á realización das obras, para asegurar a correcta ejecución en planta e cota do proxecto. Coa prórroga concedida, o prazo de finalización da obra -actualmente moi avanzada- queda establecido para o día 15 do mes próximo.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.