facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 15-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A presidenta expón no Consello de Administración proxectos para a integración Porto-Cidade
Venres, 11 Marzo 2016 10:58
AddThis Social Bookmark Button

consejo marzo16 1A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, expuxo aos membros do Consello de Administración do porto na sesión celebrada o 10 de marzo os pasos que deberá seguir nun futuro a Autoridade Portuaria para continuar avanzando no proxecto de integración porto-cidade.

O obxectivo destas iniciativas é poñer a disposición da cidadanía aqueles espazos do dominio público marítimo-portuario que, pola súa ubicación e características, non resultan óptimos para o uso estritamente portuario (loxístico e industrial-comercial).

A presidenta comezou a súa exposición sinalando que, actualmente, case un 30% do dominio público portuario vilagarciano é de uso público. O Porto de Vilagarcía dispón actualmente duns 570.000 metros cadrados de dominio público portuario, dos cales algo máis de 173.000 están abertos ao uso público: aproximadamente 50.000 en modalidade de concesión (a organismos públicos e privados) e uns 114.000 sen concesionar. Os case 400.000 metros cadrados restantes son de zona intraportuaria.

Entre as concesións de uso público están a zona lúdica da TIR, ou as parcelas onde se sitúan o parque de Miguel Hernández e o Auditorio. Entre as zonas de uso público non concesionadas están o parque do Centenario, o xardín da praia da Concha, a zona de céspede contigua á TIR, o estacionamiento público da TIR, a parcela do Ramal onde actualmente se sitúa un estacionamiento provisional, o peirao de Pasaxeiros (accesible para peóns), o paseo peatonal por detrás de Capitanía, Centro de Vela e Bombeiros, as rúas Rivero de Aguilar, Elpidio Villaverde, e en parte, Valle-Inclán (o lado máis próximo ao mar).
As zonas verdes do porto suman case 20.000 m2 na súa modalidade non concesionada, máis 17.675,5 m2 da concesión de titularidade municipal sobre o parque de Miguel Hernández.

O total de prazas de estacionamiento de uso público gratuito en dominio público portuario é de máis de 500. Tamén son de titularidade portuaria os aproximadamente dous quilómetros de carril-bici entre O Ramal e Ferrazo.

A presidenta destacou na súa intervención que "o traballo dos órganos de goberno desta entidade, en sucesivos mandatos, fixo posible que Vilagarcía conte cunha fronte urbana-portuaria accesible, aberta e con vocación de integración porto-cidade, que se prevé completar coa actuación sobre o peirao do Ramal e as zonas anexas incluídas no dominio público portuario", unha vez que a ordenación das áreas de confluencia porto-cidade entre Ferrazo e o porto deportivo está prácticamente concluída. O proceso en marcha para permitir o uso público do peirao do Ramal debe abordarse tomando como marco referencial o establecido na actual lei de Portos do Estado, particularmente no referido á xestión do dominio público portuario, a optimización da xestión económica e a rentabilización do patrimonio e os recursos que teñan asignados.

Na zona do Ramal distínguense varios ámbitos de actuación, independentes pero complementarios entre si: o propio peirao, que se prevé destinar a usos vinculados á interacción porto-cidade no novo Plan Especial do Porto (actualmente en redacción); o espazo máis próximo á rotonda do Ramal, na entrada á cidade, sobre o que se poderá intervir -conxuntamente co Concello de Vilagarcía- a fin de mellorar un dos principais accesos ao centro urbano; e a zona situada entre ambos, na base do peirao, na que está proxectada a creación dunha infraestructura hoteleira. Cómpre lembrar que o convenio urbanístico asinado no ano 1998 entre Autoridade Portuaria e Concello e que se incorporou ao actual plan especial xa prevía a dotación de dita infraestructura, establecendo incluso as condicións mínimas desde o punto de vista urbanístico que a administración local se comprometía a aprobar para a mencionada parcela.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.