facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 20-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Rosa Quintana destaca o papel da terminal de Ferrazo para a loxística de empresas da contorna
Mércores, 23 Marzo 2016 13:25
AddThis Social Bookmark Button

terminal3A conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, realizou onte unha visita á terminal de contedores do porto de Vilagarcía, concesionada á empresa Boluda. A conselleira destacou a importancia destas instalacións non só para a Autoridade Portuaria, senón tamén para a loxística de moitas empresas do hinterland arousano.

Na súa visita á Autoridade Portuaria, a responsable autonómica tivo ocasión de ver algunhas dsd descargas que se estaban realizando nos peiraos arousáns, aos que durante o fin de semana arribaron un total de oito barcos para realizar distintas operativas de graneis sólidos, graneis líquidos e mercancía xeral, con máis de 25.000 toneladas de mercancía en total.

A continuación, a conselleira Rosa Quintana, acompañada pola presidenta da Autoridade Sagrario Franco, a directora, Begoña Mesejo, e outros membros do equipo directivo da Autoridade Portuaria desprazáronse ata a terminal de contenedores, onde Rafael Lozano, director da terminal, explicou como se desenvolve a operativa destas instalacións, que traballan cunha liña de periodicidade semanal que cobre o traxecto Bilbao-Vilagarcía- Lisboa-Illas Canarias. O pasado ano, movéronse a través da terminal arousana máis de 30.500 TEUS, equivalentes a máis de 250.000 toneladas de mercancía, o que representa un 25% dos tráficos totais do porto de Vilagarcía.

A este respecto, a titular de Mar subliñou que “a terminal de contedores é clave para a competitividade das empresas da nosa contorna ao facilitar a súa saída a outros mercados”. Engadiu ademais que a través desta infraestrutura o porto de Vilagarcía “responde ás necesidades dos sectores produtivo e loxístico da súa zona de influencia e é un referente loxístico no seu desenvolvemento socioeconómico e na conectividade exterior”.

A intermodalidade marítimo-ferroviaria do porto de Vilagarcía foi outro dos temas tratados na visita. Coas obras do Ferrocarril a Ferrazo, fase 2 (Conexión coa terminal de contedores) a piques de concluír, o porto dispoñerá en breve de servizo de ferrocarril a todos os seus peiraos comerciais, o que optimiza a súa capacidade para a realización de operativas de transporte intermodal.

Os asistentes á visita coincidiron en sinalar as oportunidades que a extensión da rede ferroviaria ata o peirao de Ferrazo abrirá para a terminal de contenedores e o porto de Vilagarcía, ao incrementar o atractivo das súas instalacións como punto de saída por vía marítima de mercancías con orixe no centro da península, grazas á súa posición central na fachada atlántica. Para sacar o máximo partido a este potencial, estase traballando co obxectivo de lograr a implantación en Vilagarcía dunha segunda liña de contedores, orientada neste caso aos mercados do norte de Europa.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.