facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 15-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Autoridade Portuaria e Asociación de Jóvenes Empresarios asinan un convenio para a creación dun Centro de Emprendimiento
Mércores, 30 Marzo 2016 15:24
AddThis Social Bookmark Button

firma convenio ajeA presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco, e a súa homóloga da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra, Lucía Pedroso, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a posta en marcha dun centro de promoción do emprendimiento ligado á economía marítimo-portuaria.

O acto tivo lugar no edificio da antiga Comandancia, inmoble que acollerá o centro de emprendimiento unha vez o edificio quede dispoñible, trala finalización das obras de reforma e ampliación da sé institucional da Autoridade Portuaria no acceso ao peirao de Pasaxeiros, actualmente en execución. En tanto eses traballos non conclúen, as dependencias da antiga Comandancia albergan temporalmente oficinas da Autoridade Portuaria.

O fomento do emprendimiento e a creación de novas empresas é un interese compartido pola Autoridade Portuaria e AJE Pontevedra que, para este fin, acordaron a posta en marcha dun espazo que dinamice novos proxectos emprendedores de actividades industriais e comerciais relacionadas cos tráficos marítimo-portuarios do Porto de Vilagarcía.

O convenio -que non supón cesión de dominio público a AJE Pontevedra- establece que a Autoridade Portuaria asumirá a creación do espazo denominado Centro de Promoción do Emprendimiento ligado á Economía Marítimo-Portuaria; igualmente, o organismo portuario comprométese a facilitar a dinamización do centro mediante o desenvolvemento de diversas actividades por parte de AJE Pontevedra, e a colaborar na difusión destas.

AJE Pontevedra, pola súa banda, asumirá a organización de actividades nas instalacións -de acordo coas directrices estratéxicas que planifique a Autoridade Portuaria de Vilagarcía-, podendo solicitar a colaboración de entidades públicas e privadas para o seu desenvolvemento. As actividades a realizar recolleranse nun plan semestral de actuacións, elaborado por AJE e aprobado por unha comisión de seguimiento do convenio, na que estarán representadas as dúas partes.
Entre as actividades que terán cabida no centro atópanse as seguintes:

  • Accións de difusión da cultura emprendedora, especialmente nos sectores da loxística, os servizos portuarios e a economía marítima.
  • Xornadas e seminarios sobre cuestións de interese para empresarios e novas empresas do ámbito marítimo portuario, como internacionalización, márketing e vendas, novos mecanismos de financiamento, etc.
  • Accións de información e asesoramiento a emprendedores e novas empresas sobre definición de modelos de negocio, elaboración do plan de empresa, recursos e programas públicos de apoio ao emprendimiento ou innovación.
  • Actividades de promoción da economía social nos ámbitos marítimos e portuarios.
  • Actividades de pre-incubación, entendida como a prestación dun paquete coordinado de medidas de definición e perfeccionamiento do modelo de negocio, previo á súa posta en marcha.
  • Accións e recursos de simplificación administrativa para a creación de empresas.

A firma deste convenio, cuxo prazo de vixencia é dun ano -renovable automáticamente salvo disconformidade dalgunha das partes-, e a subseguinte posta en marcha do Centro de Emprendimiento, se incardina no Plan Estratéxico da Autoridade Portuaria para o periodo 2013-2017, que establece como un elemento da misión do porto a dinamización do territorio, actuando cun axente de desenvolvemento económico e social; e axústase ao sinalado na Lei de Portos do Estado respecto das competencias das Autoridades Portuarias, entre as que figura o fomento das actividades industriais e comerciais relacionadas co tráfico marítimo ou portuario. Igualmente, o convenio asinado hoxe responde á misión de AJE, definida como o fomento do talento do novo emprendedor na sociedade mediante a prestación de servizos de asesoramento, formación, procura de financiamento e xestión de espazos.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.