facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A X bandeira de bateis "Porto de Vilagarcía" dispútase este domingo en augas de Vilaxoán
Martes, 05 Abril 2016 16:06
AddThis Social Bookmark Button

dsc 0552Aproximadamente medio milleiro de deportistas dun total de 17 clubs de remo de toda a provincia de Pontevedra daranse cita este domingo, desde as 11.00 e ata as 14.00 horas, en Vilaxoán, onde se celebrará a X edición da bandeira de bateis “Porto de Vilagarcía”

Unhas 90 embarcacións tomarán parte nesta décima edición da proba, unha competición cuxo interese e atractivo destacou Rogelio Tarrío -presidente do Club de Remo de Vilaxoán, organizador da proba- no acto celebrado esta mañá na Autoridade Portuaria de Vilagarcía para a presentación do evento. Tarrío tivo tamén palabras de agradecimiento tanto para a Autoridade Portuaria, “polos dez anos de firme apoio ao club, e a esta competición, do porto”, como para o Concello, “pola súa colaboración, tan necesaria para poder celebrar esta proba”.

A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, puxo en valor o traballo que realizan o club organizador e as persoas que colaboran con el para que a proba poida ser “un ano máis, e xa van dez, un éxito tanto deportivo como organizativo”. Pola súa banda o concelleiro de Turismo e Promoción Económica do Concello de Vilagarcía, Juan Antonio Pérez Callón, sinalou que é unha satisfacción para o Concello “apoiar esta iniciativa, que é importante para o deporte, para o turismo e para o porto”.

A competición disputarase nun total de sete categorías, catro masculinas (infantil, cadete, xuvenil e sénior) e tres femininas (promesa, xuvenil e sénior). Os clubs mellor clasificados tanto na modalidade masculina como feminina obterán a bandeira que recoñece o seu triunfo nesta competición. Haberá tamén medallas para as tres primeiras tripulacións clasificadas en cada categoría.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.