facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 15-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto acolle a presentación dos "Cruceiros Costeiros de Galicia", que farán escala en Vilagarcía
Venres, 08 Abril 2016 18:42
AddThis Social Bookmark Button

presentacin cruceros rasA sala de conferencias da Autoridade Portuaria acolleu esta mañá unha presentación que baixo o título “Oportunidades de los cruceros costeros para Vilagarcía de Arousa”, deu a coñecer esta iniciativa a colectivos, organizacións e empresas do municipio relacionados co turismo.

En total, esta iniciativa ofrecerá un total de 198 días de navegación –en varios paquetes de ata seis días de duración- coa intención de desestacionalizar o turismo nas rías galegas apostando polos recursos locais, con visitas a distintos emprazamentos e coa pernocta e as comidas en terra, sempre en coordinación co sector hosteleiro. Vilagarcía é o porto no que conclúe una das travesías, de aí o interese en darlle a esta proposta a maior difusión, especialmente entre os sectores da hostalería e o comercio local.

O presidente de Portos de Galicia, organismo público que participa na iniciativa como socio, José Juan Durán; a presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco; o edil de Turismo do Concello de Vilagarcía, Juan Antonio Pérez; en representación da Asociación Galega de Actividades Nauticas (Agan), José Manuel Fernandez; e o presidente de Marinas de Galicia e de Marina Vilagarcía, José Manuel Teijido, participaron neste acto.

O representante da Asociación Galega de Actividades Nauticas (AGAN), Jose Manuel Fernández, comenzou a súa intervención resaltando ó potencial e tradición turística de Vilagarcía. Fernández presentou os novos cruceiros costeiros remarcando como obxectivo último da iniciativa “converter as rías nun factor de singularidade ou diferenciación de Galicia. Que atraia a turistas internacionais fóra de tempada de verán a coñecer o noso patrimonio natural, cultural e gastronómico desde o mar, como ocorre nos Fiordos Noruegos ou no Douro”.

A continuación, o presidente de Marinas de Galicia e de Marina Vilagarcía, José Manuel Teijido, falou sobre os beneficios que estes cruceiros traerán a Vilagarcía, facendo especial mención a que o porto arousano é final de traxecto nun dos cruceiros, o que permitirá que “moitos dos cruceristas poidan decidir quedarse e pernoctar na vila, cos beneficios que isto supón para os hoteis, hostaleiros, comerciantes…”. Teijido destacou as excelentes comunicacións de Vilagarcía, que deben poñerse en valor para aproveitar o seu potencial turístico, e fixo fincapé na histórica vinculación da cidade e a ría con Compostela, como evidencia a “Variante Espiritual a Santiago”, unha travesía entre Arousa e Pontecesures que se inclúe como actividade opcional nun dos paquetes turísticos.

O concelleiro de Turismo do Concello de Vilagarcía, Juan Antonio Pérez Callón, destacou o total apoio de todas as administracións neste tipo de iniciativas, e sinalou que se trata dun proxecto moi importante para o desenvolvemento turístico do municipio.

Pola súa banda, o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, afirmou que "o turismo náutico e o marinero constitúen un dos grandes atractivos de Galicia. Contamos cunhas condicións envexables para converter o turismo náutico nun factor de desenvolvemento para a Galicia costeira. Neste caso, estes cruceiros poderán converterse nunha auténtica porta de entrada e xeración de negocio para todo o espazo costeiro de Vilagarcía”. Durán cualificou a iniciativa “Cruceiros Costeiros de Galicia” como unha “proposta transformadora da oferta turístico-náutica de Galicia”, e resaltou o seu “potencial dinamizador” para diversos sectores, especialmente porque a oferta concéntrase na tempada baixa.

Para rematar, a Presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, sinalou na súa intervención que os cruceiros costeiros de Galicia abren “un novo campo de actividade para este porto -complementario a outras ofertas xa existentes- do que a cidade e o seu sector terciario poden tamén beneficiarse”.

A presidenta aludiu ao compromiso do porto, “en calidade de axente de desenvolvemento económico e social, para traballar nunha ordenación dos seus espazos que permita compatibilizar eficazmente a realización de labores estrictamente portuarios co aproveitamento doutras zonas que xa non son óptimas para eses usos. Neste sentido, a presidenta recalcou o traballo realizado para diferenciar claramente unha zona de actividades portuarias dun porto cidadán, aberto ao uso público, e que supón na actualidade aproximadamente o 30% do total do dominio público portuario de Vilagarcía”. Sagrario Franco fixo tamén mención á liberación do Ramal, proxecto pendente para completar esta configuración portuaria, sinalando que se aposta por un deseño “aberto, integrador e dotado de contido, que poida incrementar o atractivo deste espazo para o seu goce por parte da cidadanía e de quen nos visitan”.

Finalmente, a presidenta dá a Autoridade Portuaria destacou que este organismo estará sempre “aberto a colaborar, dentro do noso ámbito competencial, no esforzo conxunto de colectivos, organizacións e administracións de ámbito municipal e supramunicipal para a potenciación de Vilagarcía e O Salnés como destino turístico”.

Modalidades

Estes cruceiros ofrecen dúas modalidades: “Tesouros das Rías de Galicia”, que inclúe tres días de navegación; e “Cruceiro Illas Atlánticas e vilas marineras”, que ofrece rutas de dous días por cada unha das rías, que poden realizarse de xeito independente ou nun paquete completo das tres rías (Vigo, Pontevedra e Arousa).

Os cruceiros serán operados polas navieras InterRías-Náutico Cormorán, que fará o circuíto polas rías e Mareal Cruceros, que se encargará do das Illas Atlánticas. Para máis información sobre esta programa, pode consultarse a web www.nauticdestination.com.

A iniciativa poráse en marcha o día 15 deste mes (data da chegada de Cristóbal Colín a España en 1493) e espérase que ao redor de 10.000 persoas poidan participar nestas saídas ao longo do ano. Cómpre salientar que o programa “Cruceiros Costerios de Galicia” cumpre cos criterios da carta de Calidade Nea aprobada polos socios da Rede Nea de España, Portugal, Francia, Irlanda e Reino Unido.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.