Nace o I Premio Ría de Arousa, un concurso de ideas para fomentar o emprendemento marítimo-portuario |
Mércores, 29 Xuño 2016 13:59 |
Esta iniciativa nace co obxectivo de poñer en valor a ría premiando ás ideas máis innovadoras e viables, dándolle visibilidade e unha achega económica para poñelas en marcha. Os proxectos deberán ser orixinais, estar relacionados coa economía marítimo-portuaria e ter como ámbito fundamental de actuación a ría de Arousa.
A título orientativo, os principais sectores e actividades sobre os que se poden impulsar proxectos de emprendemento entre outros son: o transporte marítimo, loxística, a transformación e/ou comercialización de produtos do mar, o turismo náutico e mariñeiro, a náutica deportiva e recreativa, o patrimonio marítimo, os servizos ás empresas relacionados co mar, as enerxías renovables, ou o sector bio.
Para seleccionar os proxectos ganadores, o xurado atenderá a diferentes criterios de valoración, como son a vinculación coa economía marítima, o grado de orixinalidade e innovación, a viabilidade económica e financeira, o impacto sobre a ría ou o potencial de emprego.
A idea máis innovadora obterá un premio de 2.000 euros para os primeiros gastos e un paquete de asesoramiento para a definición da idea de negocio e lanzamento da empresa prestado polo Centro de Emprendimiento Ligado a Economía Marítimo Portuaria de Vilagarcía (60 horas).
Adicionalmente, poderanse conceder un máximo de tres accésits, consistentes na entrega do recoñecemento público e o mesmo paquete de asesoramiento de 60 horas. O acto de entrega de premios realizarase o próximo día 12 de xullo dentro do marco da inauguración do Centro de Promoción do Emprendimiento ligado á economía Marítimo-Portuario do Porto de Vilagarcía.
Aqueles interesados en participar coa súa idea, poderán inscribirse ata o vindeiro xoves 7 de xullo a través do envío da ficha de inscripción e consultar as bases que atoparán en www.ajepontevedra.com. Así mesmo, poderán ampliar información no correo comunicacion@eosa.com ou ben a través do teléfono 986 419 922 (ext.2015). |