facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 22-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A mercancía xeral sobe un 16% no semestre e representa xa 6 de cada 10 toneladas movidas
Xoves, 30 Xuño 2016 15:35
AddThis Social Bookmark Button

descarga tablero 3O porto de Vilagarcía pechará o primeiro semestre do ano cun movemento de máis de 520.000 toneladas de mercancía. Desta cifra, 310.100 toneladas corresponden a mercancía xeral que, con respecto a 2015, rexistra un incremento do 16,4%.

A mercancía xeral está contribuíndo de xeito moi positivo ao balance de tráficos portuarios. Todos os produtos melloran os seus registros de 2015, destacando especialmente o incremento no tráfico de aluminio ( 24,4%) e taboleiro ( 18,8%). Pasta de papel, pesca conxelada e madeira, aínda que son produtos menos representativos nesta categoría, tamén están moi por encima das súas cifras do pasado ano. No que respecta á mercancía contenerizada, o número de TEUS movidos entre xaneiro e xuño foi de 16.560, un 8,2% máis que no mesmo periodo de 2015. Estas cifras foron postas en coñecemento dos membros do Consello de Administración da Autoridade Portuaria na sesión ordinaria celebrada esta mañá.

A mercancía xeral tamén aumentou o seu peso no reparto de tráficos portuarios neste primeiro semestre do ano. Aproximadamente 6 de cada 10 toneladas de mercancía movida corresponderon a esta categoría, a que aporta maior valor engadido. Ao remate do pasado ano, a porcentaxe de mercancía xeral sobre o total de mercancías era do 51%.

No apartado de graneis sólidos, o acumulado no primeiro semestre do ano supón unha redución dos tráficos do 31%, con relación aos registros de 2015, nos que -neste mesmo periodo- rozábase a cifra de 200.000 toneladas de graneis sólidos, fronte ás 137.300 toneladas deste exercicio.

Iso é debido, principalmente, á disminución do tráfico de cereal, cuxos registros reducironse neste exercicio case á metade, aínda que este é un produto suxeito a importantes oscilaciones nos seus movementos ao longo do ano -xa que non se recibe con periodicidad efixa- co cal aínda é posible compensar parte desta diferenza ata a cocnlusión do exercicio.

En canto aos graneis líquidos, no primeiro semestre do ano rexistran un incremento porcentual do 61% con relación a 2015, recuperando cifras similares ás de 2014. O total de toneladas movidas nesta categoría foi de 73.437.

Esta reactivación do movemento de graneis líquidos é consecuencia directa da entrada en funcionamento, o pasado ano, do centro loxístico de Aceites Abril no porto de Vilagarcía, a través do cal a compañía aceitera, con sé en Ourense, recibe por barco e de xeito regular aceite para consumo humano; o total de aceite descargado neste primeiro semestre do ano foi de case 28.000 toneladas. Os outros dous produtos incluídos nesta categoría, parafina e metanol, están en cifras prácticamente idénticas ás de 2015.

En conxunto, o incremento de tráficos portuarios neste primeiro semestre, con relación ao ano anterior, foi do 1,83%.

Aprobación de contas 2015

Os membros do Consello tamén deron o seu visto bo ás contas da entidade correspondentes ao exercicio 2015, que se pechou cun resultado negativo de 58.631,06 euros. Isto foi debido, fundamentalmente, ao incremento dos gastos de persoal por mor da necesidade de provisionar fondos para o abono da paga extraordinaria de 2012; á disminución doutros ingresos de explotación (que son aqueles non directamente relacionados coa actividade portuaria); e ás maiores amortizacións de inmobilizado.

Como dato positivo cabo destacar o incremento do importe neto da cifra de negocios, que ascendeu a 4.636 miles de euros ( + 1,8% con relación a 2014). O groso do importe da cifra de negocios provén das taxas portuarias: de utilización -principalmente, taxa do buque e taxa da mercancía-, de ocupación (que abonan as concesións situadas no dominio público portuario) e de actividade. Estas taxas constitúen a principal fonte de financiamento dunha Autoridade Portuaria.

O aumento dos ingresos por taxas portuarias en 2015 é un reflexo do incremento do tráfico portuario durante o pasado exercicio, en comparación con 2014. O total de ingresos por taxas portuarias foi de 4.181.446,95 euros, un 1,7% máis que o ano anterior.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.