facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O I Premio Ría de Arousa favorece a cultura emprendedora e o desenvolvemento de proxectos innovadores
Martes, 12 Xullo 2016 15:08
AddThis Social Bookmark Button

premios conjuntaO conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron hoxe en Vilagarcía na entrega do I Premio Ría de Arousa de ideas excelentes do sector marítimo-portuario.

A entrega deste premio foi o acto central da visita inaugural ao centro de emprendimiento ligado á economía marítimo-portuaria promovido pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía e a Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE Pontevedra), situado no edificio da antiga Comandancia Militar de Mariña.

Previamente, no salón de conferencias da Autoridade Portuaria, tiveron lugar varias charlas sobre “Emprendimiento e Economía Marítima”; “Instrumentos e actuacións do IGAPE a favor do emprendimiento”; e “Caso de éxito galego de emprendimiento na economía marítimo-portuaria: Chemantec”, no que o director desta firma, Iván Dobarro, expuxo a súa experiencia.

Estes relatorios foron introducidas polas intervencións de Sagrario Franco, presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía; Lucía Pedroso, presidenta de AJE Pontevedra; Juan Merino, presidente da Confederación Española de Asociacións de Jóvenes Empresarios; José Luís Vilanova, presidente da Federación de Empresarios da Comarca de Arousa; e Jorge Cebreiros, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra.

A presidenta da Autoridade Portuaria subliñou que o premio Ría de Arousa e a apertura do centro de emprendimiento “reforzan o compromiso da Autoridade Portuaria coa economía marítimo-portuaria, porque nosa Ría é clave para o desenvolvemento económico das comarcas de O Salnés e O Barbanza, e queremos apoiar iniciativas que exploren novas formas de aproveitamento de todo o potencial desta contorna”. Lucía Pedroso, pola súa banda, destacou que a iniciativa está aberta a proxectos en ámbitos como o turismo, a pesca e acuicultura, a posta en valor do patrimonio ou a gastronomía, que son só algúns dos sectores que teñen cabida no centro de emprendimiento.

Todos os intervientes coincidiron en apuntar á aposta por un sector moi relacionado coa contorna, como é o marítimo-portuario, e a colaboración público-privada posta ao servizo do emprendimiento, como dúas das características máis destacadas do novo centro.

A continuación, e xa no novo centro de emprendimiento ligado á economía marítimo-portuaria, tivo lugar o acto de entrega do I premio Ría de Arousa de ideas excelentes do sector. Esta iniciativa, promovida e organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra, está cofinanciada polo Igape e conta coa colaboración do Porto de Vilagarcía de Arousa e a Consellería do Mar.

Deste xeito, preténdese dar oportunidades a emprendedores para desenvolver proxectos innovadores que favorecerán un mellor aprovechamiento dos recursos mariños da zona de acordo con criterios de sustentabilidade medioambiental.

Francisco Otero foi o ganador desta primeira edición co proxecto Almatea, un sistema que aporta aos profesionais do sector do mejillón as ferramentas tecnolóxicas precisas para mellorar os procesos de produción e ao mesmo tempo, lograr que as empresas poidan ser máis competitivas e se axusten mellor ás necesidades e demandas dos clientes.

Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, e do Mar tamén puxeron en valor os tres accésits concedidos e que demostran as oportunidades de emprendemento que existen a través de propostas relacionadas coa ría de Arousa. Así, Sandra Touza desenvolveu unha ruta pola ría para a dinamización da zona a través do turismo industrial; Tamara Rodríguez fomentou a promoción dos produtos frescos da ría a través dun food-truck de comida rápida; e Alberto Álvarez apostou no seu proxecto por un sistema de visión subacuática en 3D para mellorar a produción e automatizar os procesos de cultivo en empresas de acuicultura ou pesqueiras.

Conde resaltou que este premio o que permite é impulsar proxectos de emprendemento vinculados ao campo marítimo portuario poñendo en valor o talento, ao tempo que destacou que supón “un pulo á actividade empresarial da comarca”.

O titular de Economía salientou a importancia de combinar emprendemento e innovación “para crear en Galicia un ecosistema para facer fronte aos novos paradigmas económicos”, todo isto acompañado da colaboración institucional. Indicou, así mesmo, a necesidade de relanzar o sector do mar a través da innovación e seguir liderando o sector pesqueiro a nivel europeo.

Neste senso, o conselleiro asegurou que Galicia está creando o seu propio ecosistema de innovación, converténdose nun referente no apoio aos empredendores

Pola súa banda, Rosa Quintana felicitou aos gañadores e, en xeral, a todos os participantes no certame polos seus proxectos que amosan “a importancia que ten o conxunto marítimo-pesqueiro e portuario para a nosa comunidade”, destacou.

Ademais, a Conselleira do Mar agradeceu a confianza depositada pola presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, e polo seu equipo na Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra porque “cremos que eles son o futuro e traballando con eles unidos e coordinados seremos quen de poñer a Galicia no primeiro elo do emprendemento porque as novas xeracións son fundamentais para conseguir o desenvolvemento económico da nosa autonomía”, finalizou.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.