facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 20-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O incremento da actividade nos peiraos permite ao Porto aumentar os seus ingresos por taxas un 5,5%
Venres, 30 Setembro 2016 14:25
AddThis Social Bookmark Button

vista comercialA presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, deu a coñecer un balance provisional dos resultados económicos do entre enero e agosto na sesión do Consello de Administración celebrada o 30 de setembro.

Entre xaneiro e agosto, a Autoridade Portuaria incrementou os ingresos directamente derivados da súa actividade un 5% con relación ao mesmo periodo do pasado ano. O importe neto da cifra de negocios, a 31 de agosto, ascende a 3,6 millóns de euros, fronte aos 3,4 millóns de euros do mesmo periodo do pasado ano.

Isto é debido aos maiores ingresos polas taxas portuarias, que soben un 5,5% nos oito primeiros meses do ano, ata alcanzar a cifra de 3.275.312,38 euros. Os ingresos procedentes das taxas de utilización incrementáronse case 150.000 euros ata alcanzar a cifra de 1,7 millóns de euros, correspondendo o maior aumento, dentro deste grupo, á taxa da mercancía (1,3 millóns de euros, +10%). Tamén os ingresos por taxa de ocupación están ligeramente por encima da cifra contabilizada nos primeiros oito meses do pasado ano, alcanzando o millón de euros.

Pola contra, diminuíron outros ingresos de explotación, debido fundamentalmente á menor achega recibida do fondo de compensación interportuario.

No apartado de gastos, os gastos de persoal descenden aproximadamente un 3%, mentres que se incrementaron outros gastos de explotación, principalmente os derivados doutros gastos de xestión corrente. Conxuntamente, no apartado de gastos rexistrouse un incremento do 3,6%.

O menor aumento dos gastos con relación ao incremento dos ingresos permite un resultado de explotación provisional en positivo, cun beneficio de case 460.000 euros. O resultado do exercicio a data 31 de agosto é tamén positivo, cunha mellora de case 100.000 euros con relación ao balance provisional do pasado ano, á mesma data.

Balance provisional de tráficos

As cifras económicas son consecuencia directa dos resultados de tráficos do porto de Vilagarcía. Así, o porto pechará o terceiro trimestre do ano cun incremento dos seus tráficos do 6,5%, aproximadamente. Entre xaneiro e setembro deste ano movéronse a través do porto de Vilagarcía máis de 812.000 toneladas de mercancía, fronte ás 762.800 toneladas do mesmo periodo do pasado ano, unha diferenza de case 50.000 toneladas.

Na categoría de graneis líquidos mantense a tendencia positiva que xa se vén rexistrando desde comezo de ano, e o acumulado entre xaneiro e setembro ascende a un total de 140.000 toneladas.

Os graneis sólidos, segunda mercancía por número de toneladas movidas, rexistra no acumulado entre xaneiro e setembro un movemento de case 220.000 toneladas, o que supón unha redución do 28%.

Como vén sucedendo nos últimos exercicios, o maior número de toneladas movidas corresponde á mercancía xeral, categoría á que pertencen máis da metade de todos os tráficos portuarios. O acumulado nesta categoría ata setembro é de máis de 450.000 toneladas, cifra case un 16% superior á rexistrada no mesmo periodo de 2015. 

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.