facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 07-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O cruceiro "Albatros", terceiro da tempada, fai escala hoxe en Vilagarcía con case 600 pasaxeiros a boro
Luns, 03 Outubro 2016 11:58
AddThis Social Bookmark Button

albatros2Dende as sete da mañá de hoxe está atracado no porto de Vilagarcía o cruceiro “Albatros”, a bordo del cal viaxan 572 pasaxeiros e 349 tripulantes.

O “Albatros”, que entrou en Vilagarcía procedente de Brest, permanecerá atracado no peirao Comercial Oeste ata as cinco da tarde, hora á que está prevista que efectúe a súa saída para continuar a súa travesía con destino Lisboa.

O “Albatros” é un buque de 205 metros de eslora, 7,55 metros de calado e bandeira de Bahamas. Este é o terceiro cruceiro que fai escala en Vilagarcía esta tempada tras as visitas, a pasada primavera, do “Sea Adventurer” y e o “National Geographic Orion”.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.