facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 07-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
AJE Pontevedra presentou na Autoridade Portuaria o premio Xove Empresario do Ano
Xoves, 20 Outubro 2016 14:11
AddThis Social Bookmark Button

presentacin premio ajeOs membros de Xunta Directiva da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE) Marta Durán e Jesús Rey presentaron hoxe na Autoridade Portuaria, acompañados pola directora deste organismo, Begoña Mesejo, o Premio Xove Empresario do Ano..

A directora do porto agradeceu á Asociación de Jóvenes Empresarios ter acudido as instalacións portuarias para dar coñecer este galardón entre as empresas de Vilagarcía e O Salnés, como fórmula para promover a participación de novos empresarios e emprendedores da comarca neste premio, do que este ano se celebra a súa vixésimoprimera edición.

O prazo de presentación de candidaturas xa está aberto, e os interesados en optar a este galardón poderán presentarse ata o día 7 de novembro. Trala elección dos ganadores, a cerimonia de entrega dos premios nas súas diferentes categorías celebrarase no transcurso dunha cea-gala que terá lugar o 11 de novembro no Liceo Casino de Pontevedra.

A vocal de AJE Marta Durán explicou que ao Premio Xove Empresario do Ano poden presentarse todos aqueles novos empresarios ou emprendedores nados a partir do 31 de outubro de 1975, cuxa empresa teña o domicilio social en Pontevedra e o seu capital social estea participado nun 25 por cento, como mínimo, por persoas físicas menores de 41 anos.

O vocal de AJE Jesús Rei resaltou que as candidaturas poden aspirar a dúas categorías: “Xove Empresario do ano, dotado cun iPad, Bono-Formación cortesía da Escola de Negocios Afundación e escultura conmemorativa deste evento; e Xove Emprendedor do ano galardonado cun aloxamento anual gratuito nun dos viveros do Consorcio da Zona Franca de Vigo, iPad, Bono-Formación cortesía da Escola de Negocios Afundación e escultura conmemorativa deste evento”.

Ademais na XXI edición deste ano, todas as candidaturas optarán a 4 locais comerciais no Centro Comercial A Barca, adecuados para a súa adaptación á actividade prevista durante un período de 6 meses e sen custo en renda e gastos de comunidade, salvo os gastos correntes/privativos que xere o propio negocio e as responsabilidades que se deriven da propia actividade.

Concédense dous menciones de honor con dous accésit que recoñecen a innovación e á creación de emprego, así como un premio honorífico a un empresario de recoñecido prestixio da provincia de Pontevedra.

As candidaturas poden presentarse a través de mail a AJE Pontevedra (info@ajepontevedra.com). Os formularios de inscripción e requisitos de participación pódense descargar da web: www.ajepontevedra.com.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.