facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 14-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O porto move ata outubro 900.000 toneladas, das cales máis de medio millón corresponden á mercancía xeral
Venres, 28 Outubro 2016 13:07
AddThis Social Bookmark Button

tableroO porto de Vilagarcía rexistra nos dez primeiros meses do ano unha positiva evolución dos seus tráficos, superando a cifra de 900.000 toneladas de mercancía movida, das cales medio millón corresponden á categoría de mercancía xeral. A subida porcentual no total de tráficos ata o remate de outubro, con relación ao mesmo periodo de 2015, é do 8,28%.

Os datos foron postos en coñecemento dos membros do Consello de Administración na sesión ordinaria correspondente ao mes de outubro e celebrada esta mañá.

Na categoría mercancía xeral destacan dous produtos, o taboleiro e o aluminio, que superan xa os seus mellores registros históricos de tráficos anuais, a falta de dous meses para concluír o exercicio. Os aumentos porcentuales de tráficos nestes produtos son do 21% no caso do taboleiro e do 35% no aluminio, con respecto ás cifras contabilizadas nos dez primeiros meses de 2015. En conxunto, o tráfico de taboleiro e aluminio achégase ás 250.000 toneladas.

Tamén son destacables as cifras de tráfico de contenedores, que mellora un 7,8% os seus resultados do pasado ano, superándose a cifra de 27.000 TEUs movidos entre xaneiro e outubro. Finalmente, nesta categoría de mercancía xeral sobresae o incremento porcentual no tráfico de pesca conxelada, que rexistra un aumento próximo ao 80% con relación ao pasado exercicio. Nos dez primeiros meses deste ano, moveron 8.376 toneladas de produto nesta categoría, fronte ás algo máis de 6.200 toneladas contabilizadas en todo 2015.

Considerados de forma global, os produtos incluídos na categoría de mercancía xeral rexistran entre xaneiro e outubro un incremento do 16% con respecto ao mesmo periodo de 2015.

Os graneiss sólidos, pola súa banda, manteñen a segunda posición no reparto de tráficos portuarios, malia un descenso porcentual de case o 25% con relación a 2015.
Iso é debido ao menor movemento de cereais con respecto ao pasado ano; así, entre xaneiro e outubro de 2016 contabilízanse case 100.000 toneladas deste produto, fronte ás 190.000 rexistradas no mesmo periodo do pasado ano.

No global da categoría, a redución no número de toneladas con respecto ao exercicio anterior é dunhas 80.000, xa que as boas cifras no apartado doutros graneis sólidos permitiron compensar lixeiramente esta diferenza. O total de toneladas movidas nesta categoría nos 10 primeiros meses do ano foi de 242.520.

No apartado de graneis líquidos os datos son máis satisfactorios, xa que prácticamente se duplicaron os números do pasado exercicio. En total, movéronse unhas 150.000 toneladas de produto nesta categoría, destacando o aceite que -pese a ser un tráfico que leva presente menos dun ano no porto de Vilagarcía- aporta case 47.000 toneladas entre xaneiro e outubro e é xa o segundo en importancia nesta categoría, por detrás do metanol.

A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, apuntou que “en conxunto, os tráficos portuarios entre xaneiro e outubro arroxan cifras provisionais que permiten atisbar como un obxectivo ao noso alcance o superar a cifra do millón de toneladas movidas á conclusión do exercicio. Todo iso, grazas ao dinamismo e implicación dunha comunidade portuaria envorcada en obter o máximo rendemento dos servizos e infraestructuras portuarias e na optimización do seu potencial e fortalezas, a fin de prestar aos seus clientes e usuarios un servizo eficaz, sustentable e e adaptado ás súas necesidades”.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria tamén acordou nomear novos nomeamentos no Consello de Navegación e Porto. En representación da Comandancia Naval de Vigo, desígnase a Gonzalo Díaz do Río Fery como titular, en sustitución de Anxo Chans Ferreiro. O suplente continúa sendo Manuel González Castro. O Consello aprobou igualmente modificar a composición do Comité de Servizos Portuarios Básicos, para incorporar este cambio.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.