facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O porto pecha o ano con 1,1 millóns de toneladas movidas e un incremento dos tráficos do 7,8%
Venres, 30 Decembro 2016 15:24
AddThis Social Bookmark Button

consejo diciembre 16O porto de Vilagarcía vai rematar este ano con máis de 1,1 millóns de toneladas de mercancía movida e un incremento dos seus tráficos do 7,8% con relación ao pasado ano, segundo comunicou hoxe a presidenta da Autoridade Portuaria aos membros do Consello de Administración.

Por categorías, o maior volume de tráfico corresponde á mercancía xeral, da que se contabilizan aproximadamente 600.000 toneladas. Esta cifra supón un notable incremento con relación ao anterior máximo anual de tráficos de mercancía xeral no porto de Vilagarcía, establecido en 2014 con 534.000 toneladas.

Para alcanzar este resultado récord de máis de 600.000 toneladas de mercancía xeral nun ano foron claves os incrementos en dúas categorías que superan sobradamente os seus anteriores máximos anuais: o aluminio (unhas 130.000 toneladas, +25% con respecto a 2015) e o taboleiro (case 170.000 toneladas, +22% en comparación co pasado ano). Tamén é reseñable a consolidación da mercancía contenerizada movida a través da liña regular operada pola compañía Boluda, e que enlaza Vilagarcía con Lisboa, as Illas Canarias e Bilbao. Esta liña rexistrou un movemento acumulado no ano de 32.315 TEUs (+5,7% con relación ao pasado ano). En conxunto, o incremento porcentual de tráficos de mercancía xeral con relación ao pasado ano é de case o 14%.

A presidenta da Autoridade Portuaria destacou que “o incremento nos tráficos de mercancía xeral é reflexo do dinamismo do tecido empresarial do hinterland portuario, e pon de relevo o importante papel da Autoridade Portuaria e as empresas da comunidade portuaria nos procesos loxísticos e a conectividade das empresas, contribuíndo á súa competitividade e proxección exterior”.

Na categoría de graneis líquidos, se revirten os malos resultados de 2015 e prácticamente se duplican as cifras dese exercicio. Neste apartado, destaca a consolidación do aceite para consumo humano, un produto introducido a finais de 2015 e que neste primeiro exercicio, achégase ás 63.000 toneladas de mercancía movida, grazas á periódica descarga de barcos no centro logístico co que a aceitera galega Aceites Abril conta no porto de Vilagarcía. O total de tráficos nesta categoría de graneis líquidos ascende neste exercicio a 184.169 toneladas.

Na categoría de graneis sólidos, ao remate do exercicio logrouse compensar en grande medida a importante caída de tráficos experimentada desde comezos deste ano. Finalmente, a redución de tráficos foi do 20%, debido sobre todo ao menor movemento de cereais e as súas fariñas, dos que se contabilizan case 100.000 toneladas menos que o pasado ano (142.000 toneladas neste exercicio e 241.000 toneladas o pasado ano).

Tamén están lixeiramente por baixo dos seus rexistros de 2015 os restantes produtos incluídos nesta categoría, coa excepción daqueles agrupados baixo o epígrafe outros graneis sólidos, que soben 28.000 toneladas e suman un total de 35.000 toneladas no exercicio.

O tráfico acumulado das tres categorías (graneis sólidos, graneis líquidos e mercancía xeral) foi de 1.104.795 toneladas, o que supón un incremento de case 80.000 toneladas con respecto a 2015. Este é o mellor resultado de tráficos portuarios desde 2008, e sitúanos a menos de 100.000 toneladas do mellor rexistro histórico de tráficos anuais no porto, establecido no ano 2006.

Parcela na Concha-O Ramal

Por outra banda, a presidenta puxo en coñecemento dos membros do Consello que a Autoridade Portuaria remitiu ao Concello de Vilagarcía un escrito solicitando que o Plan Xeral de Ordenación Municipal clasifique unha parcela da contorna da Concha-O Ramal propiedade desta Autoridade Portuaria, pero que está fóra do dominio público portuario por estar desafectada, coa mesma ordenación urbanística recollida no Plan Especial do Porto, que é un uso principal hoteleiro.

O vixente Plan Especial do Porto incorporou como anexo un convenio urbanístico asinado por Autoridade Portuaria e Concello no ano 1998, que permitiu dar pasos craves na apertura da cidade ao mar. O devandito convenio sinala textualmente que “o concello facilitará urbanísticamente a construción dunha infraestructura hoteleira sita na explanada do Ramal”, e especifica os usos que lle corresponderían.

A finalidade deste trámite é que a parcela, unha vez desafectada, se incorpore ao PXOM cos mesmos usos que xa prevía o Plan Especial, a fin de que se poida avanzar no proxecto de venda deses terreos para a creación dun hotel nos mesmos. Tal e como indica a Lei de Portos do Estado e o propio Plan de Empresa do Porto, os recursos obtidos por esta venda haberán de destinarse á realización de obras de dotación de infraestruturas e equipamentos.

Factura electrónica

Por outra banda, a Autoridade Portuaria de Vilagarcía puxo en marcha recentemente o servizo de factura electrónica para os seus clientes e proveedores. O servizo permite o envío de facturas por vía telemática, co conseguinte aforro de custos e inmediatez na súa recepción.

O sistema permite tanto o envío como a recepción dun xeito sinxelo de facturas en formato factura-e, facilita o seguimiento da factura e posibilita a súa dispoñibilidade vía web en calquera momento con procura de facturas antigas, así como descarga e impresión da facturas e os seus adjuntos. Tamén conta con funcionalidades que permiten a xeración de informes, así como o seguemento da facturación realizada, filtrado de facturas e xestión de usuarios.

A implantación da factura electrónica constitúe o último paso dado pola Autoridade Portuaria na súa orientación á mellora continua, calidade total e eficiencia na súa xestión, e reforza o seu compromiso pola sustentabilidade integral de todas as súas actuacións.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.