facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Consello de Administración aproba as bases para a explotación do Faro de Punta Ínsua (Carnota)
Venres, 30 Decembro 2016 15:50
AddThis Social Bookmark Button

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria aprobou na sesión celebrada hoxe as bases polas que se rexerá o concurso público para o outorgamiento da concesión C-0149 para a explotación das edificacións anexas ao faro de Punta Ínsua (situado na parroquia de Lariño, concello de Carnota) con fins hostaleiros. O obxecto desta iniciativa é posibilitar a realización de actividades de tipo turístico (aloxamento) que puidesen favorecer o desenvolvemento de actividades culturais ou similares de interese social, complementadas ou non con restauración, nas edificacións e superficies anexas ao faro de Punta Ínsua.

A iniciativa para o aproveitamento turístico dos espazos non estrictamente necesarios para o servizo de axudas á navegación do Faro de Punta Ínsua enmárcase no proxecto Faros de España, promovido polo Ministerio de Fomento e Puertos del Estado e que ten como propósito impulsar o desenvolvemento de actividades de tipo turístico nos espazos ociosos dos faros susceptibles de permitir estes tipos de usos.

A parcela obxecto do concurso ten unha superficie en planta de 1.598,55 m2, cercada parcialmente por un cerramiento, da cal se concesionan 1.590,05 m2. A superficie descuberta é 1.238,83 m2. En canto ás superficies cubertas, na parcela inclúese a edificación anexa ao Faro, na que sitúa a linterna, cunha superficie en planta total de 324,50 m2, dos que 316 m2 son concesionables e 8,50 m2 non concesionables -correspondendo estes últimos a un área destinada a dependencias privativas das instalacións de axuda á navegación nas que se atopa a linterna-. Inclúense tamén na concesión o antigo garaje da parcela, cunha superficie de 25 m2, e unha edificación de 10m2 na que antigamente se situaba un transformador, e que carece actualmente de uso.

O anuncio do concurso publicarase en próximas datas en BOE. A partir dese momento, toda a información sobre esta iniciativa estará dispoñible nesta mesma página web e poderá tamén ser consultada nas oficinas da Autoridade Portuaria.

O prazo máximo polo que se outorgará a concesión é de 30 anos, prorrogable por outros 10, a petición do titular da concesión e previa autorización expresa por parte da Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

As bases do concurso establecen que A Autoridade Portuaria de Vilagarcía fará entrega dos inmuebles e superficies ao concesionario no estado no que se atopan actualmente, autorizándose exclusivamente obras de rehabilitación e adaptación aos usos propostos. Non se autorizarán obras que incrementen a superficie nin o volume das edificacións.

O adxudicatario poderá levar a cabo as actuacións que considere necesarias para levar a cabo a actividade autorizada na concesión, empregándose materiais de primeira calidade e estando sometidas á inspección e normas da Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

As actuacións a executar polo adxudicatario deberán cumprir con normativa en vigor tanto no referente a normativa de construción/urbanística como a aquela vinculada á tipoloxía e categoría de aloxamento turístico a poñer en marcha, así como no referente a protección e conservación do patrimonio e o medio ambiente. As obras que se leven a cabo nesta concesión formarán parte do dominio público portuario.

O adxudicatario deberá presentar un proxecto de rehabilitación integral da edificación, de acordo aos usos establecidos no prego de bases do concurso e ao plan de explotación do concesionario. O proxecto incluirá o acondicionamiento da urbanización exterior da edificación. A restauración exterior tanto do edificio como da torre do faro debe realizarse conservando o seu aspecto primitivo.

O uso proxectado non limitará as condicións de uso do faro e a súa contorna, en especial en canto ao posible acceso público aos terreos do faro e edificios anexos. Tamén se evitará calquera tipo de interferencia entre os usos autorizados para as edificacións complementarias e o sinal marítima. O licitador deberá propoñer dentro da súa oferta unha solución técnica que garanta o acceso directo desde o exterior ás dependencias privativas de axuda á navegación debendo quedar as mesmas expeditas, limitadas e accesibles en todo momento.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.