facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 17-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O porto realizará este venres unha proba para verificar o correcto funcionamiento da súa operativa ferroportuaria
Xoves, 16 Febreiro 2017 16:59
AddThis Social Bookmark Button

tendido vias comercialA Autoridade Portuaria de Vilagarcía realizará este venres, día 17 de febrero, pola mañá, un ensaio da súa operativa ferroportuaria, no marco do cal se baixará unha locomotora dende a estación de ferrocarril ata o interior do recinto portuario.

A realización desta proba permitirá testar os protocolos de circulación do tren ao porto -cuxa finalidade é que a operativa se realice coa máxima eficiencia e seguridade- e proporcionará a información necesaria para realizar axustes, en caso de considerarse oportuno.

O chequeo á operativa ferroportuaria implicará un corte de tráfico na rotonda do Ramal, así como nas áreas de dominio público portuario abertas á libre circulación de vehículos (rúas Rivero de Aguilar e Valle-Inclán, no sentido Carril-Vilaxoán). Estas áreas pecharanse ao tráfico ao comezo da operativa e abriranse de novo á circulación progresivamente, tralo paso da locomotora. Está previsto que a baixada do tren se realice ás 10.00 horas e a subida, ás 13.00 horas.

No desenvolvemento da proba intervirá diverso persoal propio da Autoridade Portuaria (responsable de Seguridade Ferroviaria, responsables de circulación e persoal de mantemento e Policía Portuaria, fundamentalmente). A operativa se coordinará coa policía local e con ADIF, para o que existen senllos protocolos de colaboración. Tamén se contará coa cooperación da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. A Autoridade Portuaria agradece a implicación de todos os organismos que colaborarán no desenvolvemento desta actividade.

Desenvolvemento da operativa

O protocolo establece que, desde que inicia a súa entrada na rede ferroviaria do porto de Vilagarcía o tren circula a paso de home, precedido e seguido por senllos vehículos da Policía Portuaria. Na zona entre O Ramal e O Cavadelo, onde o trazado ferroviario se sitúa a nivel da beirarrúa, instalarase un balizamento para advertir do inminente paso do tren.

Ademais de poñer en práctica os protocolos de coordinación entre os diferentes organismos que participan na operativa, a realización desta proba permitirá verificar sistemas de manobra, cambios de agulla e desvíos nas fases 1 e 2 da extensión do trazado ferroviario do porto de Vilagarcía (conexión cos peiraos Comercial, de Comboa e de Ferrazo).

A Autoridade Portuaria agradece a comprensión da cidadanía polos inconvenientes que esta proba da operativa portuaria poida ocasionar.

 

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.