facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Luns, 19-Agosto-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Os tráficos do porto de Vilagarcía increméntanse un 8,7% no primeiro trimestre do ano
Luns, 03 Abril 2017 14:05
AddThis Social Bookmark Button

descarga aluminio 2O porto de Vilagarcía rexistrou no primeiro trimestre deste ano un incremento dos tráficos portuarios do 8,7%, con relación ao mesmo periodo do pasado ano. O total de toneladas movidas entre xaneiro e marzo foi de máis de 258.000, fronte ás 237.000 do primeiro trimestre de 2016.

No reparto de tráficos portuarios, a mercancía xeral mantense como a de maior peso, como vén sucedendo nos últimos exercicios, e supón o 55% do total de tráficos do trimestre. Os graneis sólidos supoñen o 28,5% dos tráficos, e os graneis líquidos, o 16,5% restante. Un dato a destacar é que tódalas categorías melloran as súas cifras en comparación co arranque de 2016. Estes datos foron postos en coñecemento dos membros do Consello de Administración da Autoridade Portuaria na sesión celebrada o 31 de marzo.

No apartado de graneis sólidos o primeiro trimestre termina cun notable incremento dos seus tráficos, do 21,4%. Iso é posible grazas á subida de tráficos na maioría de produtos encadrados nesta categoría: cemento, urea, fosfato, e outros graneis sólidos. A suma total dos produtos movidos nesta categoría supera as 73.000 toneladas.

Na categoría de graneis líquidos tamén se rexistra un notable aumento dos tráficos no trimestre, do 19,3%. O metanol mantense en cifras moi similares ás de 2016, mentres que a parafina pasa de 1.600 a 4.000 toneladas no trimestre. O aceite é o produto que contribúe en maior medida ao incremento de tráficos nesta categoría, ao pasar de 16.000 toneladas en 2016 a máis de 20.000 este ano. O tráfico total de graneis líquidos no trimestre foi de case 43.000 toneladas.

Na categoría de mercancía xeral movéronse case 142.000 toneladas de mercancía entre xaneiro e marzo, cifra moi similar á do mesmo periodo do pasado ano. Sobe principalmente a mercancía contenerizada, que experimenta un aumento do 5,8% no número de TEUS movidos, ata pechar o trimestre con 8.423 TEUS.

O Consello de Administración tamén outorgou o seu visto bo á licitación de dúas obras para mellóraa da infraestructura portuaria.

Unha destas obras é a construción de carrís para guindastres no peirao Comercial oeste, que supoñerá un investimento de aproximadamente 350.000 euros. A licitación das obras é polo procedemento aberto.

A necesidade de acometer esta actuación obedece a que, coa ampliación do peirao Comercial nas súas aliñacións Oeste e Norte, o carril dos guindastres que antes daban servizo ao peirao quedou moi afastado do cantil, polo que é necesario dotar ao peirao da infraestrutura base necesaria para a instalación de guindastres máis próximos ao cantil do peirao (viga e rail), a fin de posibilitar a captación de novos tráficos e consolidar os existentes, facilitando as operativas de carga e descarga de mercancía.

A Autoridade Portuaria tamén deu o seu visto bo á ejecución de óbraa "Peirao da rampa do Cavadelo". Esta infraestrutura concibiuse no seu día como un dique de abrigo para a dársena 2. A prioridade para a Autoridade Portuaria en relación con esta obra o cambio de tipología da estrutura, de dique a peirao. Para iso, e tras unha análise do estado actual e das alternativas para a súa reforma, óptase pola demolición do tramo final da estrutura, de 70 metros de lonxitude, para a súa posterior sustitución por un peirao flotante. O orzamento destes traballos ascende a 400.000 euros, e a licitación realizarase por procedemento aberto.

Por outra banda, os membros do Consello de Administración aprobaron na sesión de hoxe o novo Plan Interior Marítimo (PIM) do Porto de Vilagarcía.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.