facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 07-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria participa no comité organizador da primeira exhibición mundial de patrimonio de faros
Luns, 03 Abril 2017 14:35
AddThis Social Bookmark Button

faro salvoraA Autoridade Portuaria de Vilagarcía participou recentemente nas sesións preparatorias da decimonovena conferencia da IALA (Asociación Internacional de Autoridades de Faros, polas súas siglas en inglés), que terá lugar en 2018 en Corea do Sur.

 Unha das actividades acometidas no marco destas xornadas de traballo foi a organización da primeira exhibición mundial de patrimonio de faros.

Do comité organizador desta mostra forman parte organismos gobernamentais do país anfitrión, como o Ministerio de Océanos e Pesquerías e responsables de patrimonio, e os membros do foro de patrimonio da IALA, no que está integrada a Autoridade Portuaria de Vilagarcía, en representación de Portos do Estado.

A primeira exhibición mundial de patrimonio de faros será un dos eventos máis notables no marco da conferencia da IALA de 2018, que se desenvolverá na cidade coreana de Incheon baixo o lema “Viaxes exitosas, planeta sustentable: unha nova era para as axudas á navegación marítima nun mundo conectado”.

A Autoridade Portuaria tamén forma parte do grupo encargado da elaboración da declaración de Incheon, sobre a importancia dos faros como patrimonio cultural. Tanto a exhibición como a declaración buscan promover o coñecemento sobre os faros e sensibilizar á sociedade sobre a importancia da súa conservación e posta en valor, xa que os faros históricos constitúen un símbolo único e valioso do patrimonio marítimo mundial, con gran significado para as comunidades locais e nacionais.

A IALA (International Association of Lighthouse Authorities) é unha organización técnica de ámbito internacional e sen ánimo de lucro, cuxo propósito é asegurar que os navegantes de todo o mundo dispoñen dun sistema de axudas á navegación efectivo e harmonizado, que contribúa a unha segura navegación e a protección do medio ambiente. A IALA celebra cada catro anos unha importante conferencia que aúna un programa técnico e unha exhibición sobre os últimos desenvolvementos tecnolóxicos en materia de axudas á navegación. A anterior conferencia, en 2014, tivo lugar na Coruña.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.