facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 15-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria acolle unha charla informativa sobre sistemas de información océano-meteorolóxica
Mércores, 05 Abril 2017 17:06
AddThis Social Bookmark Button

charla samoa 1A sala de conferencias da Autoridade Portuaria de Vilagarcía acolleu esta mañá unha xornada divulgativa sobre as actividades de Puertos do Estado en materia de medición, caracterización, predicción e alerta de variables océano-meteorolóxicas.

A ponente desta xornada foi Begoña Pérez Gómez, xefe de División de Oceanografía Portuaria do Área de Medio Físico de Puertos do Estado. A actividade estuvo dirixida tanto á comunidade portuaria como a empresas e colectivos da contorna do Porto de Vilagarcía que teñen no medio mariño o seu principal ámbito de actuación.

No transcurso da sesión, dunha hora de duración, aproximadamente, explicouse o sistema de oceanografía operacional de Puertos do Estado, así como os recentes avances realizados no marco do proxecto SAMOA (Sistema de Apoio Meteorolóxico e Oceanográfico de A.P.).

O sistema tradicional de Portos do Estado neste ámbito inclúe como principais ferramentas de medición redes de medida integradas por estacións de boias en augas profundas e en augas costeras, mareógrafos e unha rede de radares de alta frecuencia. Puertos do Estado conta tamén con sistemas de predicción e cun banco de datos oceanográficos, que poden ser consultados a través da páxina web portus.portos.es ou da app iMar.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.