facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 07-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Vilagarcía contará cunha nova parada de taxis, situada en terreos portuarios
Mércores, 07 Xuño 2017 13:10
AddThis Social Bookmark Button

emplazamiento parada taxisA Autoridade Portuaria de Vilagarcía acaba de conceder a súa autorización para a creación dunha parada de taxis para tres vehículos na rúa Elpidio Villaverde, en dirección á rotonda de Rivero de Aguilar, dentro da zona portuaria de uso público.

A decisión parte dunha iniciativa da Asociación Provincial de Taxis de Pontevedra Capital e Municipios da Provincia, que apunta na súa solicitude o seu interese en habilitar unha parada nesta zona que permita atender aos usuarios dos locais de lecer situados na contorna do porto deportivo, e que ademais tamén pode estender o seu rango de influencia ata o mercado, situado a escasa distancia.

A Autoridade Portuaria considera que a posta en marcha deste servizo de taxis redundará en beneficio de todas as persoas que frecuentan o porto cidadán, unha ampla zona de terreos dominio público portuario, situada na fachada marítimo-urbana da cidade, cun deseño no que priman os usos orientados á interacción porto-cidade: ademais de viales e prazas de estacionamiento, no porto cidadán intégranse áreas destinadas ao lecer, zonas verdes e equipamientos de uso público como o auditorio, e sedes administrativas: a Casa do Mar, a Axencia Tributaria ou a propia Autoridad Portuaria. Na mesma contorna atópase tamén o peirao deportivo.

A solicitude da Asociación Provincial de Taxis de Pontevedra Capital e Municipios da Provincia foi tramitada a través do Concello de Vilagarcía, ao cal a Autoridade Portuaria xa comunicou a súa autorización para a creación desta parada. O porto tamén se puxo directamente en contacto coa asociación provincial de Taxis de Pontevedra para transmitirlles a súa resolución.

A instalación desta parada vén sumarse a outras medidas, promovidas polo porto ou desenvolvidas en colaboración con outros organismos ou colectivos, para a promoción de alternativas ao vehículo privado e iniciativas de mobilidade sustentable e accesibilidade nos terreos portuarios abertos ao uso público: facilitouse a instalación de paradas de autobús, cóntase con prazas de estacionamento reservadas para persoas con mobilidade reducida e disponse tamén de estacionamiento para bicicletas; o Porto é ademais titular do carril-bici entre Vilagarcía e Vilaxoán, que constitúe o principal itinerario para ciclistas da cidade, con aproximadamente dous quilómetros de lonxitude. Todo iso co obxectivo de favorecer a mobilidade cidadá, mellorar a accesibilidad e facilitar a utilización dos espazos que integran o porto cidadán polo conxunto da poboación.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.