facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 20-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Cifras oficiais avalan o proxecto da Autoridade Portuaria para dotar dun novo hotel a Vilagarcía
Venres, 23 Xuño 2017 13:39
AddThis Social Bookmark Button

explanada puerto  dsc0330Os últimos datos do Rexistro de Empresas e Establecementos Turísticos da Xunta veñen corroborar la pertinencia da iniciativa da Autoridade Portuaria para incrementar os equipamentos destinados ao turismo no municipio.

A data de xuño de 2017, Vilagarcía dispón únicamente de 350 prazas hoteleras, cifra inferior á doutros municipios da nosa contorna (como Sanxenxo, O Grove, Vilanova, Cambados e Meaño) e da provincia -ademais de Vigo e Pontevedra, localidades con menos poboación que Vilagarcía como A Garda, Caldas de Reis, Oia, Poio e Tui-. Iso quere dicir que, malia que Vilagarcía é o terceiro municipio por poboación en Pontevedra, a súa oferta hotelera é inferior á de 15 concellos da provincia.

A Autoridade Portuaria considera que a creación dun hotel na contorna da praia e o parque de Miguel Hernández viría reforzar a oferta do municipio neste ámbito, e redundaría ademais en beneficio do pequeno comercio local e a hostelería, que son sectores craves no tecido económico de Vilagarcía.

A creación dun hotel na zona da Concha-O Ramal vén formando parte dos plans portuarios desde polo menos o ano 1998. Nesa data, asinouse entre Autoridade Portuaria e Concello de Vilagarcía, entón presididos por Manuel Bouzas e Javier Gago, respectivamente, un convenio anexo ao vigente Plan Especial do Porto no que se establecía que:

O Concello de Vilagarcía facilitará urbanísticamente a construcción dunha infraestructura hoteleira sita na explanada do Ramal, entre o ramal ferroviario, o paseo marítimo, paseo Praia Concha- Compostela, e o límite do porto coa Rúa Rosalía de Castro, nas condicións de volumen e superficie que se especifiquen na ordenanza urbanística correspondente, ó menos cos siguientes usos:

Uso principal: Hotelero 2ª categoría

Usos complementarios: Comercial 1ª Categoría

Sociocultural 1ª e 2ª categoría

Garaxe e aparcamento: 1ª e 2ª categoría

Por parte da Autoridade Portuaria asumíanse a través do mesmo documento diversos compromisos, como facilitar o uso público da antiga parcela de Fexdega (hoxe parque Miguel Hernández e auditorio); destinar a uso público a parcela da TIR (hoxe zona de lecer anexa ao Porto Deportivo e estacionamentos); permitir o uso público para a circulación interior da cidade do vial actualmente denominado Rivero de Aguilar; e facilitar terreo de dominio público portuario para a construción dunha escola de vela; obrigacións todas elas xa satisfeitas.

A Autoridade Portuaria considera que co innegable atractivo turístico de Vilagarcía e a Ría de Arousa, facilitar a creación dun hotel nunha contorna atractiva favorecería o máximo aproveitamento do potencial do municipio neste ámbito. Para a dotación deste equipamiento a Autoridade Portuaria dispón dunha parcela da súa propiedade de 6.829 metros cadrados, e situada na zona da Concha-O Ramal, entre a praia e o centro urbano, e moi próxima ao porto deportivo e á estación de ferrocarril. A intención da Autoridade Portuaria é vender a parcela para a construción dun hotel, utilizando os recursos obtidos por este medio para o financiamento de infraestructuras portuarias.

O pasado mes de decembro, tras completárense os trámites de desafectación da parcela, a Autoridade Portuaria dirixiuse ao Concello de Vilagarcía para solicitar que Plan Xeral de Ordenación Municipal clasifique a parcela como solo urbano consolidado, mantendo a mesma cualificación recolleita no Plan Especial do Porto. A Autoridade Portuaria volveuse dirixir en datas recentes ao Concello para solicitar información sobre si esta catalogación urbanística incluíuse no Plan Xeral de Ordenación Municipal que o Concello elaborou e remitiu á Xunta de Galicia para a súa revisión. Ata a data, a iniciativa portuaria non recibiu resposta por parte do Concello.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.