facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 20-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto rexistra ao remate do mes de xuño o mellor balance semestral de tráficos da última década
Xoves, 06 Xullo 2017 13:07
AddThis Social Bookmark Button

descarga aluminio 2017O porto de Vilagarcía rexistrou entre os meses de xaneiro e xuño un incremento dos seus tráficos do 7,5% con relación ao mesmo periodo de 2016. O total de toneladas movidas no semestre foi de máis de 560.000, fronte ás 520.000 do primeiro semestre de 2016.

Este é o mellor balance de tráficos para o primeiro semestre do ano da última década, xa que hai que remontarse ata 2006, con 585.000 toneladas de mercancía movidas entre xaneiro e xuño, para superar esta cifra.

Mantense a tónica dos últimos meses en canto ao incremento dos graneis sólidos, que soben case un 31% con relación aos primeiros seis meses do pasado ano, mentres que tanto os graneis líquidos como a mercancía xeral prácticamente repiten as cifras do primeiro semestre de 2016.

Nos graneis sólidos, destaca a consolidación do cuarzo entre os tráficos regulares do porto de Vilagarcía. No que vai de ano, contabilízanse máis de 43.000 toneladas deste produto, fronte ás 6.500 toneladas do mesmo periodo do pasado ano. Na mesma categoría soben o cemento por instalación especial ata chegar ás 27.897 toneladas (+ 39,3% con relación ao ano anterior), e o fosfato, que prácticamente duplica as súas cifras de 2016 para sumar 5.800 toneladas no primeiro semestre do ano. A urea mantense en cifras moi similares das de 2016 e só os cereales están por baixo dos seus números do pasado ano, entre os produtos encadrados nesta categoría. O total de toneladas movidas na categoría de graneis sólidos, entre xaneiro e xuño, foi de 179.655.

No apartado de graneis líquidos, o aceite sitúase por diante do metanol como o produto máis importante desta categoría, por número de toneladas movidas. En total, foron case 36.500 as toneladas de aceite descargadas no centro logístico que a compañía aceitera ourensana Aceites Abril ten no porto de Vilagarcía, o que supón un incremento do 30% con relación ao primeiro semestre do pasado ano. En segundo lugar sitúase o metanol, con case 30.000 toneladas movidas no semestre. O total de tráficos na categoría de graneis líquidos entre xaneiro e xuño foi de 72.702 toneladas.

Finalmente, na categoría de mercancía xeral movéronse neste primeiro semestre do ano un total de 307.703 toneladas de mercancía, cifra moi similar á do mesmo periodo do pasado ano. Por produtos, destaca o incremento do aluminio (68.000 toneladas,+ 3,7%) e da mercancía contenerizada. A liña regular da empresa Boluda que opera desde a terminal de Ferrazo moveu na primeira metade do ano un total de 17.263 TEUS, cifra un 4,2% superior á do primeiro semestre de 2016.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.