facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
El Puerto acoge la presentación del proyecto Vía Exterior para la internacionalización de pymes
Martes, 11 Xullo 2017 16:37
AddThis Social Bookmark Button

proyecto va exteriorA sala de conferencias da Autoridade Portuaria acolleu esta mañá o acto de presentación do proxecto Vía Exterior, unha aceleradora para a internacionalización de pemes.

O acto incluíu presentacións sobre da estrutura e obxectivos do programa; a experiencia dunha empresa internacionalizada (Digamel); e a práctica da dinámica de asesoramiento e acompañamiento do equipo técnico da aceleradora; e rematou cunha rolda de preguntas.

O proxecto Vía Exterior, promovido polo Consorcio Zona Franca, está dirixido a pequenas e medianas empresas galegas; tanto aquelas de recente creación que nacen cunha vocación global, como pemes que xa teñen algunha experiencia internacional ou empresas xa internacionalizadas que busquen acceder a un novo mercado.

A iniciativa ofrece soporte e asistencia a pemes que teñan como obxectivo iniciar ou potenciar o seu proceso de internacionalización, proporcionando formación especializada e asesoramiento a través de redes de mentoring e coaching, e un seguemento intensivo.

A Autoridade Portuaria, importante nó logístico e porta cara a mercados atlánticos, foi o escenario elixido polo Consorcio Zona Franca de Vigo para a presentación en Vilagarcía deste proxecto, que se vincula co papel do porto como axente de colaboración público-privada orientado ao desenvolvemento económico do seu hinterland.

Iniciativa CORE LNGas hive

Por outra banda, mañá chega ao porto de Vilagarcía unha campaña informativa para dar a coñecer o proxecto CORE LNGas hive, cuxo fin é difundir o uso do gas natural para contribuír á diminución de emisións, o fomento de enerxías limpas para o transporte e o coidado do medioambiente, e máis concretamente, o desenvolvemento da cadea logística para o fornezo de gas natural licuado (GNL) na Península Ibérica, como combustible no sector do transporte, especialmente marítimo. A plataforma expositiva itinerante estará estacionada no peirao Comercial de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. O proxecto, coordinado por Enagás e liderado por Portos do Estado, conta con 42 socios de España e Portugal e co apoio do Ministerio de Fomento.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.