facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía acompaña aos expresidentes deste organismo a unha visita ao porto
Venres, 14 Xullo 2017 16:09
AddThis Social Bookmark Button

visita expresidentesA Autoridade Portuaria de Vilagarcía recibiu hoxe a visita de cinco anteriores presidentes desta institución, nun acto organizado en conmemoración da festividade do Carmen, que se celebra este domingo.

José Luis Rivera Mallo, Benito González Aller, Jesús Paz, Javier Gago e Javier Puertas (cinco dos seis últimos expresidentes do porto arousán) déronse cita ás 12 do mediodía na sé da Autoridade Portuaria para realizar unha visita polos peiraos e polo edificio institucional da Autoridade Portuaria (que durante 2015 e 2016 foi obxecto dunha reforma en profundidade). Só faltou á cita Manuel Bouzas, quen non puido asistir por compromisos previos.

O grupo, acompañado pola presidenta, Sagrario Franco, e pola directora, Begoña Mesejo, puido comprobar a transformación e ampliación que, na última década, experimentou o recinto portuario, grazas a actuacións como a creación da terminal de contenedores (ano 2008), o Posto de Inspección Fronteriza (ano 2011), a ampliación do peirao Comercial (terminada en 2012) ou a dotación de conexión ferroviaria a todos os peiraos (finalizada en 2016). A aposta do porto de Vilagarcía pola mellora continua e a apertura ao uso público de espazos de dominio portuario non aptos para fins loxísticos ou industriais tradúcese tamén noutras actuacións vinculadas coa interacción porto-cidade, como a reforma da Avenida Valle-Inclán acometida con motivo das obras do ferrocarril a Ferrazo; a creación dun paseo na dársena 3 (traseira de Capitanía Marítima e Subsede de Bombeiros) realizada en 2014, ou a remodelación do peirao de Pasaxeiros e a rúa Elpidio Villaverde (anos 1999 e 2005).

“Posto que as obras de dotación de infraestructuras adoitan esixir certo prazo de tempo, desde a súa formulación á súa finalización e posta en servizo, cremos que esta era unha gran ocasión para que as persoas que, co seu labor á fronte do porto, contribuíron ao desenvolvemento do mesmo puidesen ver a transformación do recinto portuario con relación a hai 10 ou 20 anos; transformación e modernización que -por suposto- non tería sido posible sen a implicación de todo o equipo humano da Autoridade Portuaria", apuntou Sagrario Franco, quen coincidiu cos seus antecesores no cargo ao sinalar a importancia que históricamente tivo e continúa tendo o porto para o desenvolvemento e o pulo económico de Vilagarcía e a súa área de influencia.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.