facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 15-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A directora xeral de Turismo apoia as iniciativas da Autoridade Portuaria para o aproveitamento do seu potencial turístico
Mércores, 19 Xullo 2017 11:47
AddThis Social Bookmark Button

visita directora turismodirectora xeral de Turismo, Nava Castro, mantivo o 18 de xullo unha reunión coa presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco.

O encontro serviu para presentar á responsable autonómica os proxectos que, en materia de turismo e dotación de infraestructuras neste ámbito, esta institución ten en marcha ou prevé desenvolver en próximas datas. A directora xeral acolleu con interese estas iniciativas, por canto contribúen a ampliar e diversificar a oferta turística.

A directora xeral de turismo, Nava Castro, fixo mención aos contidos da Estratexia do Turismo de Galicia 2020 na que a Xunta está traballando en colaboración co sector para acompañar ao incremento de viaxeiros previsto, ata alcanzar a cifra de seis millóns.

Cun orzamento de 240 millóns de euros, este documento aposta pola calidade como signo distintivo do destino Galicia, onde gozar sen présas, para o que propón potenciar os seus recursos endóxenos. Neste sentido, Nava Castro destacou a riqueza de ríalas galegas polo seu patrimonio natural e cultural, con praias de recoñecido prestixio, a súa enogastronomía ou as posibilidades de turismo náutico.

Precisamente nesta liña de aproveitamiento do potencial turístico do patrimonio cultural, a Autoridade Portuaria ten previsto elevar próximamente ao Consello de Administración senllas propostas de convocatoria de concursos para otorgamiento de concesións nos faros de Punta Insua (Carnota) e Corrubedo (Ribeira), os cales cóntanse entre os sete faros que gestiona o porto arousano.

A Autoridade Portuaria posibilitará así que os emprendedores interesados na explotación turística destes inmobles presenten as súas propostas para os mesmos, no marco do proxecto “Faros de España”. As propostas deberán contemplar o uso dos inmuebles como aloxamento, con ou sen restauración, respectando en todo caso o uso principal das edificacións, que é o de axuda á navegación. Así, en ambos casos prevese unha reserva de espazo nos edificios dos faros que afectará ás dependencias privativas do servizo de axudas á navegación (o espazo no que se sitúa a linterna).

A presidenta da Autoridade Portuaria tamén informou á directora xeral de turismo sobre o proxecto da Autoridade Portuaria para a venda dunha parcela da súa propiedade, situada na contorna da rotonda de O Ramal e praia da Concha, para a creación dunha infraestructura hoteleira.

Con relación a este proxecto, a Autoridade Portuaria solicitou o pasado mes de decembro ao Concello de Vilagarcía que o PXOM cualifique a mencionada parcela -que está desafectada, e polo tanto non se inclúe no dominio público portuario- como zona de uso hotelero, mantendo as mesmas condicións establecidas no convenio urbanístico que se incorporou ao vixente Plan Especial do Porto e que permitiu a apertura ao uso público de diversas zonas actualmente destinadas á interacción porto-cidade. A Autoridade Portuaria non ten coñecemento, a data de hoxe, sobre os trámites efectuados polo Concello en relación con esta iniciativa, malia solicitar información sobre este particular nun escrito remitido ao Concello a primeiros de xuño.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.