facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 18-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria aproba cambios na composición do Consello de Navegación e Porto
Venres, 24 Febreiro 2012 00:00
AddThis Social Bookmark Button
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria aprobou na súa sesión do 23 de febreiro, a proposta da súa presidenta, Sagrario Franco Malvar, a modificación das normas de funcionamento e composición do Consello de Navegación e Porto e do Comité de Servizos Portuarios, a fin de dotar a estes órganos de asistencia e información da Capitanía Marítima e da presidencia da Autoridade Portuaria de maior operatividade e representatividade.

O Consello de Navegación e Porto é un órgano no que están representadas persoas físicas ou xurídicas cun interese directo e relevante no bo funcionamento do porto e do comercio marítimo, ou que poidan contribuír ao mesmo de forma eficaz. A través desta canle, empresas, institucións ou organismos poden manifestar o seu parecer sobre cuestións relativas ao bo funcionamento do Porto de Vilagarcía de Arousa. A periodicidade das súas reunións establécese en polo menos unha ao ano.

De acordo coa modificación aprobada, o Consello estará integrado polo presidente da Autoridade Portuaria, que o será tamén do citado órgano, e como membros natos, o Capitán Marítimo, o director do porto, e os responsables de Seguridade e Medio Ambiente, Xestión Comercial, e Explotación e Dominio Público, da Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

Formarán parte tamén deste órgano 25 vogais en representación de diversas administracións públicas, entidades e organismos. Concretamente, coa modificación aprobada contarán con representación no Consello de Navegación e Porto o Concello de Vilagarcía; a Subdelegación do Goberno en Pontevedra; a Consellería do Medio Rural e do Mar; Portos de Galicia; o Instituto Social da Mariña; o Instituto Tecnolóxico do Mar; a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía; a Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (FECA); a Administración de Aduanas; o Colexio Nacional de Prácticos; as asociacións nacionais de Remolcadores, empresas de Amarre, axentes MARPOL, Navieiros e empresas Estibadoras e Consignatarias; a asociación de Transitarios de Pontevedra; a SAGEP do Porto de Vilagarcía; as confrarías de Carril, Vilaxoán e Rianxo; o sindicato máis representativo na Autoridade Portuaria; a Capitanía Marítima; a empresa titular da autorización ou concesión da terminal de colectores de Vilagarcía; o Colexio Oficial da Mariña Mercante; e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos. Como secretaria, con voz pero sen voto, actuará a secretaria xeral da Autoridade Portuaria.

En canto ao Comité de Servizos Portuarios -que depende do Consello de Navegación e Porto-, estará presidido polo director da Autoridade Portuaria, e integrado, como membros natos, polo Capitán Marítimo e o xefe de Seguridade e Medio Ambiente da Autoridade Portuaria. Ademais, estarán representados o Colexio Nacional de Prácticos de España, as asociacións nacionais de Remolcadores, Amarre, Axentes MARPOL, Navieiros, e empresas Estibadoras e Consignatarias, así como a asociación de Transitarios de Pontevedra, a SAGEP e o sindicato máis representativo na Autoridade Portuaria.

O Consello de Administración do Porto aprobou tamén o novo prego de prescricións particulares do servizo portuario de amarre e desamarre de buques no porto de Vilagarcía, que supón a adaptación das condicións e requisitos para a prestación deste servizo ás especificaciones do Real Decreto Lexislativo 2/2011, de 6 de setembro, polo que se aprobou o Texto Refundido da Lei de Portos do Estado e a Mariña Mercante. O prego recolle os requisitos de solvencia económico-financeira, técnica e profesional que serán esixidos ás empresas que soliciten licenza para a prestación deste servizo no porto de Vilagarcía, así como o alcance do servizo, condicións operativas e técnicas e medios humanos e materiais que deberán ofertar as empresas para a obtención da correspondente licenza. Igualmente, acordouse outorgar licenza a Amarradores de Vilagarcía SL para a prestación deste servizo.
 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.