facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 21-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O porto bate en agosto o seu récord histórico de tráfico mensual de mercancías, con máis de 150.000 toneladas
Luns, 04 Setembro 2017 16:53
AddThis Social Bookmark Button

cereal ferrazo norteO porto de Vilagarcía acaba de superar neste mes de agosto o seu mellor rexistro histórico de movemento de mercancías nun mes, cun total de 150.272 toneladas.

A cifra supera en case 6.000 toneladas o anterior máximo mensual, establecido en agosto de 2008, cun total de 144.575 toneladas. Esta é tamén a primeira ocasión na que o porto de Vilagarcía move máis de 150.000 toneladas nun mes.

No cómputo anual, entre xaneiro e agosto contabilízanse máis de 800.000 toneladas de mercancía movidas a través dos peiraos do porto arousano, cifra un 8,87% superior á do mesmo periodo do pasado ano. Graneis líquidos e mercancía xeral sitúanse en cifras similares ás do pasado exercicio, mentres que o maior incremento rexístrase no apartado de graneis sólidos, categoría na que ao remate de agosto contabilízanse case 80.000 toneladas máis, o que equivale a un incremento porcentual do 41%.

A mercancía xeral, con 402.703 toneladas, continúa supoñendo aproximadamente o 50% dos tráficos totais do porto de Vilagarcía, destacando o incremento no movemento de mercancía contenerizada a través da liña regular da compañía Boluda que enlaza o porto de Vilagarcía con Bilbao, Lisboa e as Illas Canarias. O número de TEUS movidos ata agosto foi de 23.532, un 7,15% máis que nos oito primeiros meses do pasado ano.

No apartado de graneis líquidos as cifras son moi similares ás do pasado ano, cun total de 130.000 toneladas de mercancía movidas entre xaneiro e agosto, o que representa un 16% do total de tráficos portuarios. O aceite é o produto que máis incrementa os seus tráficos nesta categoría, cun aumento do 25% con relación ao ano anterior.

Pola súa banda, os graneis sólidos supoñen ata agosto o 34% dos tráficos portuarios, rozándose a cifra de 268.000 toneladas. Nesta categoría destaca o incremento no movemento de cuarzo, que se consolida entre os tráficos habituais do porto arousano, e a recuperación en dous produtos que repuntan nas súas cifras, como son o cereal e o cemento por instalación especial, con subidas nos dous casos por encima do 30%.

A presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco, apuntou que as cifras poñen de manifesto a competencia do porto para a xestión de todo tipo de cargas (graneis sólidos, graneis líquidos e mercancía xeral, incluída a contenerizada), grazas á estreita colaboración entre Autoridade Portuaria e as empresas da comunidade portuaria, que facilita un achegamento global aos retos logísticos que se lle suscitan.

Franco Malvar destacou o importante papel do porto de Vilagarcía para os procesos loxísticos das empresas da nosa contorna, favorecendo a súa competitividade, o cal contribúe ao pulo da economía da cidade e da súa comarca e reforza a importancia de Vilagarcía entre as principais poboacións de Galicia.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.