facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 14-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O cruceiro "National Geographic Orion" fixo a súa terceira escala do ano no porto de Vilagarcía
Venres, 06 Outubro 2017 11:57
AddThis Social Bookmark Button

national geographic orionO cruceiro "National Geographic Orion" realizou o xoves 5 de outubro a súa terceira e última escala do ano no porto de Vilagarcía.

O buque, con 102 metros de eslora e 4 de calado, pertence á categoría de pequenos cruceiros, o que facilita aos seus ocupantes unha experiencia personalizada dos seus destinos. A bordo do buque viaxan un total de 106 pasaxeros, na súa maioría de nacionalidade estadounidense e canadiense.

A entrada do cruceiro no porto tivo lugar ás sete da mañá, procedente de A Coruña, e efectuou a súa saída pola tarde, con dirección Leixoes, dentro dunha travesía entre a cidade francesa de Burdeos e Lisboa.

Como é habitual, para facilitar a estancia en Vilagarcía dos pasaxeiros habilitouse ao pé do peirao unha parada provisional de taxis e se ofreceu un servizo lanzadeira gratuíto entre o peirao de Ferrazo Norte e o centro urbano. Á despedida do cruceiro tivo lugar a actuación dun grupo de baile tradicional galego.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.