facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 07-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Comeza a segunda fase das obras do Centeanario, na que se actuará sobre pavimentación e iluminación
Luns, 09 Outubro 2017 13:56
AddThis Social Bookmark Button

obras parque centenarioEsta mañá deu comezo a segunda fase das obras de mellora do parque do Centenario, nas que a Autoridade Portuaria realizará este ano un investimento global superior aos 20.000 euros.

O proxecto de remodelación do parque do Centenario que se está desenvolvendo inclúe actuacións sobre tres aspectos principais: a sustitución de bancos, que xa se acometeu en xullo; a nova pavimentación; e a mellora e renovación da iluminación. Estas dúas actuacións -pavimentación e iluminación- desenvolveranse nunha única fase, que hoxe comezou coa retirada das losetas na parte do parque máis afastada do mar.

Antes de proceder á repavimentación, instalarase o cableado para as torretas de iluminación que se instalarán nas zonas verdes do parque, en sustitución das actuais farolas; e unha vez estas estean en funcionamento renovaranse as luminarias tanto do paseo central como do paseo xunto á dársena 2.

En virtude do convenio de mantemento de zonas verdes entre a Autoridade Portuaria e Concello de Vilagarcía, a Autoridade Portuaria é responsable da dotación de material e o Concello pon os medios humanos necesarios para a realización destas obras.

O parque do Centenario forma parte, xunto co de Miguel Hernández e o da praia da Concha, das zonas de dominio público portuario orientadas a usos cidadáns e, máis concretamente, a zona verde. Estas zonas verdes de titularidade portuaria suman uns 38.000 metros cadrados, constituíndo unha parte importante do total de áreas de dominio público portuario destinado á interacción porto-cidade.

A este fin dedícanse con carácter xeral aqueles espazos de titularidade portuaria que non son idóneos para acoller usos estrictamente portuarios, representando na actualidade case o 30% do total de terreos xestionados polo porto de Vilagarcía.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.