facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 18-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto participa no comité organizador da Exhibición Mundial de Patrimonio de Faros
Xoves, 19 Outubro 2017 00:00
AddThis Social Bookmark Button

foto iala 2A Autoridade Portuaria de Vilagarcía é un dos organismos integrados no comité organizador da I Exhibición Mundial de Patrimonio de Faros que se celebrará o próximo ano, con ocasión do Congreso Internacional da IALA (Asociación Internacional de Autoridades de Faros, polas súas siglas en inglés).

A semana pasada celebráronse en Francia, con presenza desta Autoridade Portuaria, as sesións preparatorias deste importante evento, que terá lugar o ano próximo na cidade coreana de Incheon, baixo o lema “Viaxes exitosos, planeta sustentable: unha nova era para as axudas á navegación marítima nun mundo conectado”.

A exposición é un evento simultáneo ao congreso -co que comparte recinto-, pero orientado ao público en xeral, que se desenvolverá en tres ámbitos: unha zona expositiva de 1.000 metros cadrados con elementos representativos do patrimonio histórico de faros de todo o mundo; unha zona interactiva, para o público coñeza o funcionamento dos faros e a importancia destas axudas á navegación; e un área de conferencias.

Do comité organizador desta mostra forman parte organismos gobernamentais do país anfitrión, como o Ministerio de Océanos e Pesquerías e responsables de patrimonio, e os membros do foro de patrimonio da IALA, no que está integrada a Autoridade Portuaria de Vilagarcía, en representación de Portos do Estado.

As conferencias da IALA celébranse cada catro anos, e constan habitualmente dun programa técnico e dunha exposición. A última conferencia, celebrada en 2014, tivo lugar na Coruña. A IALA é organización técnica de ámbito internacional e sen ánimo de lucro, cuxo propósito é asegurar que os navegantes de todo o mundo dispoñen dun sistema de axudas á navegación efectivo e harmonizado, que contribúa a unha segura navegación e a protección do medio ambiente.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.