facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 15-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Espazo Emprendedor gestionado por AJE Pontevedra no Porto acollerá o curso “Da idea ao proxecto”
Xoves, 16 Novembro 2017 14:23
AddThis Social Bookmark Button

presentacin curso ajeO Espazo Emprendedor que xestiona a asociación AJE Pontevedra no porto de Vilagarcía acollerá a partir da próxima semana o curso “Da idea ao proxecto”, unha iniciativa gratuita que pretende dotar aos emprendedores de ferramentas básicas para o desenvolvemento da súa idea de negocio.

A actividade foi presentada esta mañá, nun acto que contou coa participación da presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco; o presidente de AJE Pontevedra, Pablo Fernández; o gerente de IGAPE Nova, Guillermo Viña; e o economista da Federación de Empresarios da Comarca de Arousa (FECA) Manuel Míguez.

A presidenta repasou na súa intervención as iniciativas desenvolvidas no centro desde a súa posta en marcha, hai algo máis de ano e medio, e destacou o compromiso da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, establecido no seu Plan Estratéxico, de actuar como axente de desenvolvemento económico e social e exemplo de colaboración público-privada mediante o establecemento de sinerxias cos sectores produtivo e logístico do seu hinterland, contribuíndo á creación de riqueza e emprego e ao desenvolvemento económico e social. Franco Malvar apuntou que o porto é “un aliado do tecido produtivo e un axente activo na competitividade do sector industrial, promovendo a actividade económica e apoiando iniciativas de dinamización empresarial”, como este curso de AJE Pontevedra.

As características do curso foron explicadas polo presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra, Pablo Fernández. A actividade dará comezo o 21 de novembro e finalizará o 14 de decembro. Serán un total de 30 horas lectivas repartidas en oito módulos. As sesións terán lugar todos os martes e xoves, de 16 a 20 horas, nas instalacións do espazo emprendedor. Actualmente están cubertas o 75% das 15 prazas dispoñibles, polo que os posibles interesados aínda dispoñen duns días para anotarse. A actividade é gratuita, e nela poden inscribirse -ata cubrir todas as prazas- emprendedores de calquera idade. Non é necesario ser asociado de AJE para participar.

O representante do IGAPE, Guillermo Viña, apuntou que o curso, que conta con financiamento deste organismo, pretende reducir os riscos no inicio da actividade empresarial e incrementar as posibilidades de éxito na posta en marcha de novos proxectos emprendedores. Pola súa banda Manuel Míguez, representante de FECA, sinalou que o curso pode supoñer un impulso para a actividade empresarial da comarca, e apuntou á necesidade de incrementar o número de empresarios vocacionais para a reforzar o tecido empresarial en Arousa.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.