Aberto o prazo de presentación de propostas para a explotación turística dos faros de Corrubedo e Punta Insua |
Luns, 20 Novembro 2017 13:57 |
O prazo de presentación de propostas é de 60 días naturais a contar desde o día seguinte ás convocatorias, finalizando o 17 de xaneiro. As bases poden consultarse desde hoxe mesmo na páxina web do porto de Vilagarcía, www.portovilagarcia.es, apartado Perfil do Contratante, e tamén nas oficinas da Autoridade Portuaria.
O obxecto destas iniciativas é posibilitar a realización de actividades de tipo turístico (aloxamento) que puidesen favorecer o desenvolvemento de actividades culturais ou similares de interese social, complementadas ou non con restauración, nas edificacións e superficies anexas aos dous faros.
No caso do faro de Corrubedo, as instalacións que forman parte do faro e as instalacións anexas ocupan unha superficie de 16.070 metros cadrados, das cales unicamente se concesionan as edificacións e a canalización do fornezo eléctrico, que suman un total de 661,29 metros cadrados.
No caso do faro de Punta Insua, a parcela obxecto do concurso ten unha superficie en planta de 1.598,55 m2, cercada parcialmente por un peche, da cal se concesionan 1.590,05 m2.
A convocatoria destes concursos enmárcase no proxecto Faros de España, promovido polo Ministerio de Fomento e Puertos del Estado e que ten como propósito impulsar o desenvolvemento de actividades de tipo turístico nos espazos ociosos dos faros susceptibles de permitir estes tipos de usos. |