facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Domingo, 17-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto incrementa sus tráficos un 10,5% e asina e segundo mellor balance da súa historia ata novembro
Luns, 11 Decembro 2017 10:20
AddThis Social Bookmark Button

cereal ferrazo norteO Porto de Vilagarcía mantén á finalización do mes de novembro a positiva evolución de tráficos portuarios que vén rexistrando ao longo de todo este ano, e roza xa a cifra de 1,1 millóns de toneladas.

Concretamente, o total provisional de toneladas movidas entre xaneiro e novembro foi de 1.095.594 t. Cómpre destacar que o acumulado de tráficos ata novembro é o segundo máis alto de toda a historia do porto arousano nos once primeiros meses do ano e sitúase moi preto do vixente récord de tráficos para o periodo xaneiro-novembro, establecido en 2006 cun total de 1.100.895 toneladas -só 5.000 toneladas máis que no presente exercicio-.

A comparación entre novembro de 2016 e novembro de 2017 sáldase cun incremento no global de tráficos portuarios do 10,52%. O maior incremento prodúcese no apartado de graneis sólidos, cunha subida de case o 40%, sustentada principalmente no maior movemento de cereais (152.297 toneladas fronte ás 110.948 do pasado ano, + 37,27%), e tamén no crecemento destacadísimo no tráfico de cuarzo, que suma no presente exercicio máis de 76.000 toneladas, fronte ás menos de 24.000 do pasado ano.

Nos graneis líquidos tamén subiu o total de tráficos, ata alcanzar a cifra de 180.330 toneladas, fronte ás 170.974 toneladas de 2016. Nesta categoría destaca o incremento no movemento de aceite, do que se descargaron case 18.000 toneladas máis que o pasado ano. O incremento porcentual no global desta categoría foi do 5,5%.

Finalmente, a mercancía xeral mantense en cifras similares ás do pasado exercicio, cun total de toneladas de 547.248. Nesta categoría sobe sobre todo o tráfico de contenedores, cun 6% máis de TEUs que o pasado ano, ata alcanzar os 31.763 TEUs. Porcentualmente, o incremento máis destacado é o da pasta do papel (+ 59%), que roza as 12.000 toneladas.

Na súa valoración destes resultados, a presidenta da Autoridade Portuaria apuntou que o porto arousano está en condicións de situarse moi preto dos seus mellores rexistros históricos de tráficos portuarios ao remate do ano, e puxo en valor o labor de toda a comunidade portuaria para alcanzar estes excelentes resultados.

“As cifras -apuntou Sagrario Franco- son o reflexo da cohesión, o esforzo e a implicación do equipo humano do porto e por suposto, de todas as empresas que teñen no porto de Vilagarcía un referente para a súa actividade”. Franco Malvar engadiu que a Autoridade Portuaria “sempre estivo, e continuará estando envorcada en sacar o máximo partido das nosas fortalezas, como son a posición xeográfica, as comunicacións e a capacidade e ambición á hora de asumir novos retos”. Franco Malvar tamén aludiu á importancia de seguir “traballando man a man coa comunidade portuaria á hora de adaptarnos as necesidades particulares dos nosos clientes, sacando o máximo partido á nosa experiencia e adaptabilidade para poder afrontar de xeito integral os retos que se nos presentan”.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.