facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 10-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto aproba o proxecto construtivo para una concesión no Cavadelo destinada a cordelería e actividades complementarias
Xoves, 25 Xaneiro 2018 15:30
AddThis Social Bookmark Button

img 4049A Autoridade Portuaria aprobou na sesión do Consello de Administración celebrada o 25 de xaneiro o proxecto construtivo presentado pola firma R de Lorenzo Cordelería SL para a concesión que no mes de decembro foille outorgada polo Consello de Administración.

A concesión de R de Lorenzo Cordelería sitúase xunto á rampa do Cavadelo e o seu destino é a actividade de cordelería, actividades comerciais relacionadas co equipamiento, complementos e accesorios para as embarcacións.

A concesión ocupa unha parcela cunha superficie total en planta de 4.412,06 metros cadrados, repartidos nunha nave de 1.267,60 metros cadrados e unha superficie descuberta de 3.144,46 metros cadrados. Está previsto tanto o acondicionamiento da nave como da zona descuberta para a actividade comercial de venda de cabos, cadeas e demais complementos para embarcacións, estando previsto un calendario en tres fases para a realización destes traballos.

Por outra banda, a presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco, informou aos membros do Consello na sesión celebrada hoxe dos eixes que determinarán a xestión da entidade durante o presente exercicio.

A presidenta recordou que a misión da Autoridade Portuaria de Vilagarcía é converter á comunidade portuaria de Vilagarcía de Arousa no referente logístico da conectividade exterior e desenvolvemento socioeconómico do seu hinterland en expansión, así como un axente crave no tráfico marítimo do noroeste peninsular. “Iso implica -engadiu Franco Malvar- unha labor en diversas frontes, das cales podemos destacar dúas: por unha banda, reforzar a xa estreita colaboración entre Autoridade Portuaria e as empresas da comunidade portuaria, a cal facilita un achegamento global aos retos logísticos que se lle suscitan; e por outra, continuar poñendo o foco na atención ás necesidades particulares dos nosos clientes, mediante unha atención personalizada das súas demandas. Mellora continua, calidade total, eficiencia e sustentabilidade son algunhas das claves que definen o noso modelo de xestión”.

A presidenta destacou que a actual etapa do porto está marcada pola súa orientación comercial, que busca a posta en valor e a optimización na xestión do dominio público portuario. Neste ámbito, e tendo en conta a boa acolleita dos concursos organizados para o aproveitamiento turístico dos faros de Corrubedo e Punta Insua, valorarase ao longo do presente exercicio abrir esta posibilidade a outros faros dependentes da Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

A presidenta apuntou que a promoción do potencial dos faros como aloxamentos turísticos foi un dos puntos fortes da oferta recientemente presentada na feira internacional de turismo FITUR polo organismo público Puertos del Estado, a cal viuse reforzada pola participación neste evento de diversas autoridades portuarias, entre elas a de Vilagarcía. O Porto arousano tamén apoiou en Madrid diversas liñas de promoción de Galicia como destino turístico por parte de Turismo de Galicia, particularmente aquelas relacionadas coa contorna marítimo-portuaria, como a Ruta dos Faros.

Franco Malvar informou aos membros do Consello que, desde o punto de vista das infraestruturas, “non está prevista ningunha gran obra de desenvolvemento portuario no presente exercicio, xa que grazas aos investimentos realizados nos últimos anos dispoñemos de suficiente terreo, con excelentes características, para atender calquera demanda que se nos poida suscitar para a ocupación de parcelas no dominio público portuario”.

A presidenta tamén adiantou que as previsións apuntan a un remate económico do exercicio 2017 en positivo, a falta de determinar a súa cuantía exacta. “En todo caso -engadiu Franco Malvar- o porto avanza na senda da estabilidade económica mediante a contención de gastos e o incremento dos seus ingresos, como resultado da maior actividade portuaria”.

Finalmente, e no referente á xestión, a presidenta manifestou que “seguiremos intentando avanzar na ordenación urbanística dos terreos de dominio público portuario xerados coas últimas ampliacións dos peiraos Comercial e de Ferrazo, para o cal solicitamos ao Concello a tramitación dunha modificación puntual do noso Plan Especial e unha modificación puntual do PXOM, sen éxito ata a data”. Sagrario Franco engadiu que “non coñecemos cales son as intencións da administración local a este respecto xa que os nosos escritos non recibiron resposta, pero manteremos o noso propósito de que estes trámites se realicen en paralelo aos traballos de redacción e aprobación do novo PXOM nos que está actualmente inmerso o Concello, xa que consideramos que sería máis funcional e máis rápido”. 

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.