facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 20-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto renova a súa adhesión á rede "EcoPorts", a principal iniciativa ambiental do sector portuario europeo
Xoves, 15 Febreiro 2018 18:17
AddThis Social Bookmark Button

terminal-webA Autoridade Portuaria de Vilagarcía vén de renovar a súa adhesión á rede EcoPorts, unha asociación de portos integrada por autoridades portuarias -ou outros organismos con competencia na xestión de portos- que constitúe a máis importante iniciativa ambiental do sector portuario europeo.

O Porto de Vilagarcía leva formando parte da rede Ecoports desde o ano 2014. No momento da súa adhesión, formaban parte desta organización, xunto con Vilagarcía, outros tres portos españois. Agora, esta cifra elevouse a 10. En toda Europa, o total de membros de Ecoports ascende a 94, pertencentes a un total de 22 países.

A fundación de EcoPorts data de 1997, e desde 2011, a asociación está integrada na Asociación Europea de Portos Marítimos (ESPO, polas súas siglas en inglés: European Sea Ports Organisation). O obxectivo desta organización é contribuír á concienciación sobre a importancia da sustentabilidade e a protección do medio ambiente, e facilitar a cooperación e o intercambio de experiencias e coñecementos por parte dos distintos organismos membros, como ferramentas para a mellora da eficiencia medioambiental do conxunto do sector portuario a nivel europeo. Para iso, Ecoports facilita ferramentas de diagnóstico e avaliación e edita publicacións relacionadas coa sustentabilidade e o medio ambiente no ámbito portuario, entre outras actividades.

ESPO, o organismo promotor da rede Ecoports, é unha organización fundada no ano 1993, cuxo obxectivo é conseguir un sector portuario europeo seguro, eficiente e medioambientalmente sustentable. Autoridades portuarias, asociacións portuarias e administracións de portos marítimos dos estados membros da UE e de Noruega forman parte desta organización.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.