facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 15-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria aclara as posibles bonificacións para un proxecto de náutica deportiva no Cavadelo
Luns, 26 Marzo 2018 11:43
AddThis Social Bookmark Button

explanada puerto  dsc0284A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, expuso na última sesión do Consello de Administración en qué supostos poderían concederse bonificacións para un proxecto ligado á la náutica deportiva na zona do Cavadelo.

Esta iniciativa foi ante a Autoridade Portuaria de Vilagarcía polo campión olímpico vilagarcián Antón Paz, y nela participan cinco clubs deportivos do municipio. Na súa intervención ante os membros do Consello na sesión ordinaria celebrada o 23 de marzo, a presidenta desgranou as opcións que a lei de Puertos del Estado contempla para a concesión de bonificacións a proxectos de actividades náuticas.

A presidenta explicou que ata a data se mantiveron dúas reunións con Antón Paz, nas que se lle trasladou a que, a xuízo da Autoridade Portuaria, sería a fórmula máis conveniente, de acordo coa lei, para que este proxecto se materializase. Franco Malvar recordou que a utilización do dominio público portuario implica, de conformidade coa Lei de Portos do Estado, o abono de taxas portuarias, aínda no caso de que esta ocupación a realice un órgano da Administración. No entanto, a lei establece exencións e bonificacións dependendo do titular da autorización da ocupación e de actividade que se desenvolva no dominio público ocupado.

Xa que logo, con carácter xeral, para un proxecto relacionado con actividades náuticas -que en todo caso deberá axustarse ao estipulado no Plan Especial do Porto-, dependendo do titular da concesión e da finalidade da mesma, e de acordo co establecido na Lei de Portos do Estado, podemos atoparnos ante diferentes supostos, segundo expuxo a presidenta:

Un proxecto que non implique participación doutras administracións públicas podería beneficiarse dunha bonificación do 30% na taxa correspondente aos espazos terrestres, os de auga e obras e instalacións destinados exclusivamente á realización de actividades náuticas, cando o titular da concesión sexa un club náutico ou outro deportivo sen fins lucrativos.

No caso de que o titular da concesión sexa un órgano ou entidade das administracións públicas, e o obxecto da concesión sexa actividades de interese social ou cultural, aplicarase unha bonificación do 50% sobre a taxa. Esta foi a formulación que se lle trasladou a Antón Paz.

Finalmente, están exentos do pago da taxa de ocupación os órganos e entidades das Administracións públicas que por necesidades de funcionamento deban situarse no dominio público portuario, por levar a cabo no ámbito portuario marítimo ensinanzas marítimas; este é o caso do Centro de Tecnificación de Vela. Sagrario Franco sinalou que “a iniciativa presentada por estes clubs, polo que ata a data coñecemos, non se axusta a este último suposto. Pero no caso de que o concello propuxese desenvolver un proxecto destas características (e non un pavillón náutico), valoraríase esta opción?.

Franco Malvar engadiu que “non lle corresponde a iniciativa neste ámbito á Autoridade Portuaria, pero estudaremos calquera formulación que o Concello, ou os clubs promotores desta iniciativa, nos poidan trasladar”.

Outorgamento dunha concesión

Por outra banda, os membros do Consello acordaron na mesma sesión o outorgamento dunha concesión de dominio público no peirao de Pasaxeiros á firma NÁUTICA MEDUSA, S.L..

A concesión ocupa unha superficie de 60,98 m2 (parcela 02-033) que forma parte dun edificio, correspondéndose coa planta baixa do mesmo. A actividade a desenvolver na concesión será a de impartir cursos de titulacións náuticas, cursos e saídas de buceo e venda de artigos náuticos, buceo e pesca.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.