facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 18-Xuño-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria e o Ministerio de Defensa traballan na sinatura dun convenio para a creación dunha Oficina de Acción Marítima
Xoves, 19 Abril 2018 13:52
AddThis Social Bookmark Button

visita comandante naval vigoO capitán de navío comandante naval de Vigo, Carlos Cárdenas, reuniuse onte coa presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco, na sé do porto arousano. Entre os temas tratados, destaca a posible firma dun convenio de colaboración entre o Ministerio de Defensa e a Autoridade Portuaria para a posta en marcha dunha Oficina de Acción Marítima nesta localidade.

Coa sinatura do convenio se posiblitará ao Ministerio de Defensa o incrementar a presenza da Armada e facilitará as relacións con diferentes administracións con competencias na contorna marítimo do porto de Vilagarcía. O emprazamento seleccionado para estas instalacións é o edificio da antiga Comandancia de Mariña, incluído na Dellimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) do porto de Vilagarcía mediante orde FOM 823/2015 de 13 de abril, publicada no BOE do 6 de maio de 2015.

O obxectivo do convenio é permitir a ocupación e utilización deste dominio público portuario, posibilitando que o Ministerio de Defensa poida dispoñer de locais no edificio da a antiga Comandancia, na Avda. da Mariña. Os espazos cedidos deberán dedicarse a oficinas e instalacións da Oficina de Acción Marítima (OFAM), correspondéndolle ao Ministerio de Defensa a súa conservación, así como a realización das actuacións ordinarias ou extraordinarias que poidan resultar precisas. O convenio está pendente de firma para a súa formalización, unha vez se completen os últimos trámites burocráticos.

A utilización parcial do edificio da Comandancia por parte do Ministerio de Defensa e máis concretamente, da Armada, virá sumarse ao uso que actualmente xa ten a planta baixa deste inmueble, no que se sitúa un espazo emprendedor ligado á economía marítimo-portuaria, gestionado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.