facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 24-Abril-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto de Vilagarcía recibiu a visita do cruceiro "Ocean Majesty", con 250 pasaxeiros a bordo
Luns, 07 Maio 2018 12:04
AddThis Social Bookmark Button

ocean majesty2O porto de Vilagarcía recibiu o día 6 de maio a visita do crucero “Ocean Majesty”, da naviera Hansa Touristic. A bordo do buque viaxaban uns 250 pasaxeiros, na súa maioría de nacionalidade alemá, e 227 tripulantes. O barco arribou a Vilagarcía pouco antes das 13.00 horas e efectuou a súa saída ás 20.00 horas.

O “Ocean Majesty” é un buque de bandeira portuguesa, con 136 metros de eslora, que xa fixo escala en Vilagarcía en tres ocasiones con anterioridade, nos anos 2013 e 2014. O “Ocean Majesty” recalou en Vilagarcía no seu percorrido entre os portos de Lisboa e Cherburgo (Francia). A súa escala neste porto estivo consignada pola empresa P&J Carrasco. O peirao de atraque foi O Ramal.

Para facer máis cómoda a estancia de pasaxeiros e tripulación en Vilagarcía, a Autoridade Portuaria puxo en marcha actuacións habituais nas escalas de cruceiro: habilitouse ao pé do peirao un punto de atención ao visitante atendido por persoal da Autoridade Portuaria e facilitouse un servizo lanzadeira gratuito entre o peirao e o centro urbano prestado polo tren turístico.