facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Luns, 18-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria e AJE Pontevedra convocan o II Premio Ría de Arousa para fomentar o emprendemento
Luns, 14 Maio 2018 14:38
AddThis Social Bookmark Button

presentacin premio aje 140518O Espazo Emprendedor gestionado pola Asociación de Jövenes Empresarios de Pontevedra no porto de Vilagarcía acolleu esta mañá o acto de presentación do II Premio Ría de Arousa organizado por AJE Pontevedra e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

O obxectivo desta iniciativa é fomentar o emprendemento no ámbito marítimo-portuario e logístico, poñendo en valor a ría con ideas innovadoras e viables. A presentación contou coas intervencións da presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco; o presidente da asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra, Pablo Fernández, e José Luis Vilanova, en representación de FECA. Asistiron tamén representantes das entidades colaboradoras: Xunta de Galicia (a través do IGAPE e da Consellería do Mar), Banco Santander, Galicia Business School e grupo J. Rey asesores.

O presidente de AJE Pontevedra, Pablo Fernández, agradeceu a implicación da Autoridade Portuaria e das entidades colaboradoras con esta iniciativa, e destacou na súa intervención a importante dotación económica do premio, que ascende globalmente a 12.000 euros. Ao premio poden presentarse tanto persoas físicas como empresas, sempre que estas leven constituídas menos dun ano. Valoraranse ideas innovadoras e viables, que estean relacionadas coa economía marítimo portuaria ou a loxística, e que poñan en valor a Ría de Arousa. Para máis información, pode consultarse a web www.ajepontevedra.es/ii-premio-ria-de-arousa/.

O primeiro premio desta convocatoria está dotado con 2.000 euros para gastos de constitución da empresa, e o programa formativo “Diploma en Business Administration” valorado en 3.600 euros, ademais dun despacho no Espazo Emprendedor, que o ganador poderá utilizar durante un ano. Prevense ademais tres accésits, que serán recoñecidos cun” Programa Superior en Liderado e Dirección de Equipos” valorado en 1.800 euros, máis utilización durante seis meses a zona coworking do Espazo Emprendedor.

O presidente da Federación de Empresarios da Comarca de Arousa, José Luís Vilanova, apuntou que este ano, como novidade con respecto á primeira edición celebrada en 2016, outorgarase tamén un premio honorífico “a unha empresa do sector con bagaxe e recoñecido prestixio”, para visibilizar tamén o labor de compañías veteranas.

Pola súa banda a presidenta da Autoridade Portuaria destacou na súa intervención que “as Autoridades Portuarias son organismos en continua adaptación, xa que o noso obxectivo é atender do xeito máis eficiente as necesidades dos sectores loxístico e produtivo da nosa área de influencia, e iso non é posible desde a rixidez ou o inmovilismo. Por iso, debemos ser non só intermediarios na loxística das empresas, senón tamén axentes activos, actuando como dinamizadores da comunidade loxístico-portuaria e marítima”.

Nesta liña de actuación enmárcase o premio Ría de Arousa, que entronca ademais coa misión da Autoridade Portuaria como axente de desenvolvemento económico e social e exemplo de colaboración público e privada, co fin último de contribuír á dinamización, desenvolvemento e pulo da súa contorna, “pois a nosa actividade -engadiu Franco Malvar- non tería sentido si non é para favorecer o progreso económico, pero tamén social, da nosa área de influencia”. “Esperamos que desta convocatoria -concluíu Sagrario Franco- xurdan ideas excelentes que nos axuden a seguir avanzando cara a esta meta”.

Vilagarcía de Arousa, 14 de maio de 2018,

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.