facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 17-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto expón a súa experiencia na conservación de faros históricos nunha exposición e conferencia internacional que se celebra en Corea
Xoves, 31 Maio 2018 11:31
AddThis Social Bookmark Button

conferencias iala2A Autoridade Portuaria de Vilagarcía está tendo un papel moi destacado na XIX Conferencia da IALA (Asociación Internacional de Autoridades de Faros, polas súas siglas en inglés) e primeira Exposición Mundial de Patrimonio de Faros, que se celebran esta semana na cidade coreana de Incheon.

O Porto vai expoñer a súa valiosa experiencia neste ámbito, abordando ante un público profesional as intervencións e proxectos para o faro de Sálvora. Por unha banda, expoñerase a actuación realizada para a modernización deste histórico faro, a cal permitiu combinar a incorporación da tecnoloxía actual co mantemento dun deseño singular na linterna (o uso de pantallas “otter” que fan posible diferenciar a zona de navegación segura da zona con baixos perigosos). Por outra banda, presentaranse os “Usos complementarios nun faro histórico en coordinación co Plan Director dun Parque Nacional”. Os relatorios do Porto arousano son os únicas procedentes dun organismo español que foron seleccionados para a súa presentación neste importante evento.

Ademais das conferencias específicamente orientadas a profesionais do sector das axudas á navegación, o Porto de Vilagarcía tamén ha ter presenza nas presentacións incluídas no programa da primeira Exposición Mundial de Patrimonio de Faros, e que están destinadas a todos os públicos. “Viaxes exitosos, planeta sustentable: unha nova era para as axudas á navegación marítima nun mundo conectado” é o título baixo o que se desenvolve a exposición, un evento simultáneo ao congreso -co que comparte recinto-, pero orientado ao público en xeral, que se desenvolverá en tres ámbitos: unha zona expositiva de 1.000 metros cadrados con elementos representativos do patrimonio histórico de faros de todo o mundo; unha zona interactiva, para o público coñeza o funcionamento dos faros e a importancia destas axudas á navegación; e un área de conferencias.

Do comité organizador desta I Exhibición Mundial de Patrimonio de Faros forman parte organismos gobernamentais do país anfitrión, como o Ministerio de Océanos e Pesquerías e responsables de patrimonio, e os membros do foro de patrimonio da IALA (IALA Heritage Forum), no que está integrada a Autoridade Portuaria de Vilagarcía, en representación de Puertos del Estado.
A responsabilidade asumida polo Porto de Vilagarcía neste ámbito vén sumarse ao importante labor que desde o ano 2012 esta Autoridade Portuaria desempeña, dentro do colectivo dos portos españois, como axente activo no ámbito da posta en valor do patrimonio dos faros. Así, entre outras actuacións, o porto arousano forma parte do Grupo de Traballo Técnico asociado á posta en marcha do proxecto Faros de España, e participou nos comités técnicos da IALA para o periodo 2014-2018. Iso redundou en beneficio de todo o sistema portuario nacional, ao mellorar o seu coñecemento nesta materia, e tamén reforzou a presenza española na IALA.

As conferencias da IALA celébranse cada catro anos, e constan habitualmente dun programa técnico e dunha exposición. A última conferencia, celebrada en 2014, tivo lugar na Coruña. A IALA é organización técnica de ámbito internacional e sen ánimo de lucro, cuxo propósito é asegurar que os navegantes de todo o mundo dispoñen dun sistema de axudas á navegación efectivo e harmonizado, que contribúa a unha segura navegación e a protección do medio ambiente.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.