facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 18-Xullo-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Iseatonic obten o II Premio Ría de Arousa, convocado por Autoridade Portuaria e AJE Pontevedra
Martes, 19 Xuño 2018 13:19
AddThis Social Bookmark Button

intervencin julio carrascoA sala de conferencias da Autoridade Portuaria acolleu o 19 de xuño a entrega do II Premio Ría de Arousa, organizado por AJE Pontevedra e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía para fomentar o emprendimiento no ámbito marítimo-portuario e loxístico.

O galardón foi para a empresa Iseatonic, cuxo proxecto céntrase na produción e comercialización dunha bebida isotónica a base de auga de mar galega e zume natural, que ofrecerá hidratación coa cantidade de sales minerales necesarias e sen azucres engadidos. A bebida non se orienta únicamente ao público deportista, senón tamén ao mercado xeral, respondendo así á demanda de bebidas naturais cun reducido aporte calórico. Tanto a orixe do auga do mar como a compañía embotelladora sitúanse na Ría de Arousa.

No mesmo acto, fíxose entrega dun premio honorífico promovido por FECA, que pon en valor o labor dunha empresa veterana da nosa contorna. Julio Carrasco recibiu este galardón como recoñecemento a unha ampla traxectoria profesional de máis de 40 anos ao servizo do transporte marítimo, sempre con Vilagarcía e o seu porto como núcleo da súa actividade, na histórica consignataria vilagarciana P&J Carrasco.

O primeiro accésit foi para o proxecto denominado Sense(z), que busca dar soporte á industria alimentaria mediante a detección de alérxenos, por unha banda, e o desenvolvemento dun dispositivo biométrico para a toma de datos e parámetros fisiolóxicos e alimentarios, por outra banda. A proposta de valor inclúe a determinación de orixe e calidade de materias premias por medio dun equipo sinxelo e que ofrece resultados con rapidez.

O segundo accésit correspondeu á empresa BreathinGalicia, que facilita experiencias turísticas a través dunha carta de emocións ligadas a Ría de Arousa, con propostas como visitas guiadas a empresas conserveiras, obradoiros de gastronomía e benestar, excursións marítimas, visitas a asociacións de mariscadoras, etc. A idea busca poñer en valor a Ría de Arousa, co deseño de produtos vinculados a emocións e experiencias para un público internacional, e contando coa implicación de numerosos proveedores locais.

O terceiro accésit foi para a iniciativa UV Technologies, un dron submarino de baixo custo capaz de adaptarse a multitude de situacións debido á súa flexibilidade para incluír diferentes tipos de sensores e á súa versatilidade no control, con diversas posibilidades de uso: inspección de fondos de bateas, control de criadeiros e piscifactorías, observación de fondo mariño, inspección de barcos e peiraos, misións de procura mariña, etc., facilitando unha alternativa á intervención humana naquelas contornas nos que esta é complicada.

A presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco, apuntou na súa intervención que coa convocatoria destes premios -conxuntamente con AJE- a Autoridade Portuaria actúa desde a perspectiva da colaboración público-privada en prol da promoción do emprendimiento. Pola súa banda o presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra, Pablo Fernández, agradeceu a participación a todos os candidatos ao premio, aos que se fixo entrega dun diploma acreditativo, e tamén tivo palabras de recoñecemento para os colaboradores e copatrocinadores: Consellería do Mar (representada pola directora Xeral de Pesca, Mercés Rodríguez), Consellería de Economía (representada polo director do IGAPE, Juan Cividanes), Banco Santander, Galicia Business School, FECA e grupo J Rei Asesores.

O acto foi clausurado polo director do IGAPE, quen apuntou que “é positivo que os novos proxectos busquen referentes en empresas veteranas que souberon adaptarse aos cambios”, e engadiu que “o recoñecemento a unha idea supón que o obxectivo está ben posto, que se soubo localizar un oco no mercado, necesidades non cubertas ou produtos innovadores”. Juan Cividanes recordou tamén o apoio que o IGAPE pode prestar para a materialización de novos proxectos empresariais, axudando nas primeiras etapas do camiño mediante un labor de monitorización, apoio e asesoramento.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.