facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 18-Xullo-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria aproba as contas do exercicio 2017, que se pechou con beneficio de 700.000 euros
Mércores, 27 Xuño 2018 13:22
AddThis Social Bookmark Button

consejo junio-18 3Os membros do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía aprobaron na reunión celebrada hoxe as contas anuais da entidade correspondentes ao exercicio 2017. O importe neto da cifra de negocios superou os cinco millóns de euros.

Concretamente, o importe neto da cifra de negocios foi de 5.018.920,12 euros, o que supón un incremento do 5,4% con respecto ao ano anterior. Con relación ao 2016, incrementáronse os ingresos procedentes de taxas portuarias en case 250.000 euros, ata alcanzar os 4.547.928,86 euros, como resultado da maior actividade portuaria e o incremento dos tráficos, que tivo o seu reflexo fundamentalmente nas taxas de utilización (2.429.633,17 euros, 9%) e de actividade (541.134,73 euros, 8%); os outros ingresos de negocio mantivéronse en cifras similares ás do exercicio inmediatamente anterior.

No apartado de gastos, reducíronse tanto os correspondentes a persoal como outros gastos de explotación, que baixaron aproximadamente 250.000 euros (-15,6%). A redución conxunta do gasto nestes dous epígrafes foi do 7,3%. Como consecuencia do incremento nos ingresos e a contención do gasto, o resultado de explotación foi positivo en 831.341,07 euros, arroxando o resultado do exercicio un beneficio de 702.870,65 euros.

Balance de tráficos

Na mesma sesión a presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, deu a coñecer o balance provisional de tráficos portuarios. O porto de Vilagarcía rexistra no primeiro semestre do ano un incremento dos seus tráficos do 6,5% con relación ao mesmo periodo de 2017. Movéronse en total, desde xaneiro e ata hoxe, máis de 596.000 toneladas de mercancías polos peiraos arousanos, sendo moi destacable o rexistro deste mes de xuño, con prácticamente 130.000 toneladas.

Por categorías, o maior incremento corresponde aos graneis sólidos, dos cales contabilízanse 214.815 toneladas, case un 20% máis que no mesmo periodo do pasado ano. Nesta categoría destaca a subida no movemento de cuarzo, que suma máis de 68.000 toneladas fronte ás 43.692 do pasado ano (un 55% máis), o que o sitúa como o primeiro produto, por número de toneladas movidas, nesta categoría. Sobe tamén o tráfico de cereais (64.697 toneladas, +15,6%) e en menor medida, o de cemento (29.186 toneladas, +4,6%), mentres que o fosfato mantense nas mesmas cifras que o pasado ano.

Tamén os graneis líquidos melloran as súas cifras con relación ao pasado ano. Os dous principais produtos desta categoría, aceite e metanol, soben respectivamente un 14 e un 32%, e suman entre xaneiro e xuño 41.573 toneladas (o aceite) e 39.157 (o metanol). A parafina, con algo máis de 3.000 toneladas, completa o listado de mercancías movidas nesta categoría. O incremento porcentual no tráfico de graneis líquidos neste semestre foi do 15,4%, contabilizándose un total de 83.889 toneladas.

Á cabeza dos tráficos portuarios, por toneladas movidas, mantense a mercancía xeral, da cal contabilízanse case 300.000 toneladas no que vai de ano, de acordo cos datos do balance provisional presentado hoxe.

Neste apartado o maior incremento porcentual corresponde á madeira, que multiplica por seis as súas cifras de 2017 ata superar as 6.400 toneladas. En cifras absolutas, os contenedores seguen ocupando a primeira posición entre os produtos encadrados nesta categoría, con aproximadamente 145.000 toneladas movidas entre xaneiro e xuño. Séguenlle o taboleiro e o aluminio, con 75.441 e 63.156 toneladas movidas, respectivamente, e sobe ata a cuarta posición o tráfico de madeira, xa comentado, por diante da pesca conxelada e a pasta de papel.

Por outra banda, os membros do Consello tamén aprobaron a renovación das licenzas a CODISOIL para a prestación dos servizos de recolleita de residuos líquidos e de residuos sólidos.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.