facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 22-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Constituído o Consello de Navegación e Porto de Vilagarcía de Arousa
Mércores, 11 Xullo 2018 14:01
AddThis Social Bookmark Button

consejo navegacin julio 18O Consello de Navegación e Porto de Vilagarcia de Arousa, integrado por 32 representantes da comunidade portuaria, axentes económicos e sociais e administracións, quedou constituído nunha sesión presidida pola Presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco.

A reunión para a constitución deste órgano tivo lugar o 9 de xullo na sede da Autoridade Portuaria. Neste órgano están representadas diversas administracións públicas, entidades e organismos. Forman parte do memso o Concello de Vilagarcía;  a Subdelegación do Goberno en Pontevedra; a Consellería do Mar; Portos de Galicia; o Instituto Social da Mariña; o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño; a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra, Vigo, e Vilagarcía de Arousa; a Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (FECA); a Administración de Aduanas; o Colexio Nacional de Prácticos; a Asociación Nacional de Remolcadores de España (ANARE); Asociación Nacional de empresas de Amarre (AEAE); Asociación Nacional de axentes MARPOL (ANAM); Asociación de Navieros Españones (ANAVE); asociación de Transitarios expedidores internacionales e asimilados de Pontevedra (ATEIA); Asociación Nacional de Empresas Estibadoras e Consignatarias de buques (ANESCO); Asociación Estatal de empresas operadoras portuarias (ASOPORT); Asociación Española de Consignatarios de Buques (ASECOB); Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR); Confraría de pescadores Santiago Apóstol de Carril; Confraría de pescadores Virxe Do Rosario de Vilaxoán; Confraría de pescadores Virxe Do Carmen de Rianxo; o sindicato máis representativo na Autoridade Portuaria; a Capitanía Marítima; a empresa titular da autorización ou concesión da terminal de contenedores de Vilagarcía; o Colexio Oficial da Mariña Mercante; e o Colexio de Enxeñeiros de Caminos, Canis e Portos. Como secretaria, con voz pero sen voto, actúa a secretaria xeral da Autoridade Portuaria.

A presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco,deu a coñecer ao Consello de Navegación e Porto o valor industrial das mercancías movidas polo porto no ano 2017, que superou por primeira vez o pasado ano a cifra de mil millóns de euros. Concretamente, en 2017 polas instalacións do porto arousán movéronse mercancías por un valor total de 1.019.453.991 euros, establecendo un novo récord anual, de acordo coas conclusións dun informe elaborado pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

A orde do día completouse cunha explicación sobre os avances no novo balizamento da Ría de Arousa, y da Ría de Muros – Noia, e que son resultado das reunións do grupo de traballo formado por Puertos del Estado, Portos de Galicia, e as Autoridades Portuarias galegas para mellorar a seguridade da navegación no entorno dos polígonos de bateas e os canais de acceso aos portos.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.