A Autoridade Portuaria de Vilagarcía acudiu á feira Seatrade Cruise Med, que celebrada en Lisboa os días 19 7e 20 de setembro, para presentar o proxecto Cruceiro do Camiño De Santiago.
Na feira, os responsables portuarios mantiveron reunións con varias navieras a fin de dar a coñecer esta proposta. A representación vilagarciá estivo encabezada pola presidenta deste organismo, Sagrario Franco.
A iniciativa pretende incrementar a cifra de cruceiristas que visitan tres enclaves da cornixa cantábrica e Galicia: Vilagarcía e comarca de Arousa, Avilés e Pasaia/Rexión de San Sebastián, e para iso, o porto arousáns promoveu, xunto cos seus acompañantes nesta iniciativa, unha proposta comercial novidosa e centrada nos atractivos dos tres destinos, cunha tripla vertente: contorna natural, cultura e gastronomía, co Camiño de Santiago como nexo de unión.
Dada as compatibles e similares características técnicas dos portos, e o tipo de naviera e buque que con máis asiduidade fan escala nos portos, os promotores deste itinerario, entre os que se conta a Autoridade Portuaria de Vilagarcía, consideraron que sería moi conveniente colaborar neste ámbito a raíz dunha serie de conversas e reunións mantidas hai aproximadamente un ano, no transcurso da feira Seatrade Europe de Hamburgo, e durante os últimos meses traballouse para darlle forma á proposta, comezando na feira de Lisboa a fase de comunicación e presentación ás navieras. |