facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 20-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria, disposta a colaborar coa creación de escolas náutico-deportivas municipais
Xoves, 04 Outubro 2018 14:26
AddThis Social Bookmark Button

plano alfogar bA Autoridade Portuaria de Vilagarcía vén de facer pública a súa disposición a colaborar cun proxecto para a creación das escolas náutico-deportivas municipais na zona portuaria do Cavadelo.

A presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco, fixo pública nunha comparecencia que tivo lugar o 26 de setembro a disposición da Autoridade Portuaria de colaborar na dotación dunha infraestructura relacionada cos deportes náuticos, e máis concretamente, co seu ensino, dentro do dominio público portuario.

Sagrario Franco explicou que “esta Autoridade Portuaria deu sempre mostras da súa disposición a colaborar coa cidade de Vilagarcía e atender as necesidades que se lle poidan presentar. Habemos ter sensibilidade coa cultura, coa posta a disposición de terreos de dominio público portuario para a creación dun auditorio; somos titulares dunha bolsa importante de terreos que ten uso como zonas verde e áreas de esparcimiento; e recientemente formulóusenos llenos unha solicitude para que colaboremos tamén no ámbito do deporte e máis concretamente, dos deportes náuticos”.

Esta necesidade foi expresada primeiro por entidades deportivas da localidade, e abordada despois no Consello de Administración por iniciativa dun dos seus membros, o concelleiro Javier Ríos. En datas recentes, recibiuse na Autoridade Portuaria un escrito neste mesmo sentido remitido desde o Concello de Vilagarcía.

A presidenta da Autoridade Portuaria manifestou que “somos conscientes das carencias do Concello de Vilagarcía neste ámbito e por iso explicamos, tanto aos clubs como no propio Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, como se podería articular unha colaboración neste sentido. Mantemos o afirmado naquela ocasión polo que, unha vez o Concello se dirixiu a nós para pedir a cesión gratuita dunha nave para acoller as escolas municipais deportivas de deportes náuticos, valoramos a súa petición e estamos á súa plena disposición para colaborar neste propósito”.

Para iso, o Concello deberá presentar un proxecto, que se estudará para verificar que cumpre os requisitos fixados na lei para poder beneficiarse da exención do pago da taxa de ocupación; e a Autoridade Portuaria, pola súa banda, promoverá unha revisión do seu Plan Especial, xa que na actualidade, a parcela cuxa cesión o Concello solicita, e que se corresponde coa antiga nave de Alfogar, non pode acoller actividades relacionadas co ensino de deportes náuticos, e é preciso modificar esa catalogación urbanística para que a iniciativa poida fructificar.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.